Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Praza Maior de Ourense será o escenario polo que pasarán, este domingo 17 desde as 20:30 horas -con acceso libre e gratuíto-, 5.000 anos de historia de Cultura Atlántica da man do musical Keltia. 35 actores, 8 músicos sobre o escenario acompañando en directo a representación e un grupo de gaiteiros son os vimbios cos que o musical pechará a súa xira por Galicia, desta vez cunha alusión moi importante á nosa cidade: “As augas termais de Ourense devolveranlle a vida aos galaicos mortos a mans dos romanos”, adiantaba Andrea Pousa, quen se converterá na deusa Eiré durante a representación.

Concello e Deputación de Ourense cooperan para facer posible este espectáculo. “Música en directo, canto, teatro e declamación, danza, lume... elementos ao servizo dunha narración sobre o nacemento da Cultura Atlántica en terras galegas”, resumía o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Unha cita cun espectáculo para todos os públicos que está chamado a encher “a praza máis belamente inclinada de España, que é a Praza Maior”, relataba Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación provincial, “logo da celebración do 33 Día da Bici”. Esta colaboración institucional fai posible, segundo a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, “que Ourense sexa un escaparate da Cultura”

O espectáculo non se cinguirá exclusivamente ao escenario da Praza Maior. Haberá tropas romanas desfilando pola cidade nos momentos previos a Keltia, recreando acontecementos que ocorreron no ano 60 a.C. Na batalla do Monte Medulio. A fin última deste espectáculo é conxugar lecer e cultura a través dunha calidade escénica, poesía artística, e música tradicional fusionada con outros recursos expresionistas presentes e vivos na chamada cultura atlántica.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.