Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Claustro de San Francisco, un espazo con máis de 700 anos de historia, acollerá os mellores artistas de danza contemporánea do momento. Será no marco do festival Danza no Claustro SóloDos 2017, que se desenvolverá o xoves 15 e venres 16 con entrada gratuíta.

“Trátase dunha proposta escénica exclusiva para o Claustro de San Francisco, un espectáculo de danza con artistas internacionais e locais, que farán que a visita ao Claustro sexa un evento único”, en palabras de Maruxa Salas.

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, animou a todos os ourensáns a pasar por “este marabilloso espazo a gozar con este innovador e contemporáneo espectáculo”. Entre os artistas que pasarán polo Claustro, Esther Latorre, Hugo Pereira, César Ibarra, Daniela Vázquez, Noemí Sánchez, Elisa Medina ou a xaponesa Emi Ogura, que interpretará MADAM BUTTEBUTTERFLY, unha performance na que mesturará “audacia e modestia”.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.