Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O 18 de maio tivo lugar, no salón de plenos do Concello de Ourense, a presentación do libro-catálogo Prego: Mestre da pintura. A creación plástica como experiencia vital, dos autores Francisco Javier Limia Gardón e Natalia Figueiras Pimentel.

No acto participaron Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; Valentín García, secretario xeral de Política Língüística; Marisol Díaz Mouteira, delegada da Xunta de Galicia en Ourense; Belén Iglesias, concelleira de Cultura; Francisco Silva; delegado de Iberdrola en Galicia; Manuel Prego, fillo do artista; Eva Torres, directora dos espazos expositivos do Concello de Ourense; e os comisarios da exposición, Natalia Figueiras e Xavier Limia; así como representantes da familia do artista e achegados.

Valentín García definiu a Prego de Oliver cómo "un dos grandes mestres"galegos "sen o que é imposible entender a pintura de Galicia durante o século XX".

Para o alcalde Jesús Vázquez o catálogo pon fin a "un innovador e ambicioso proxecto" que reivindicou a figura de Prego de Oliver "por primeira vez en tres espazos distintos da cidade", coa colaboración da Xunta, Iberdrola, a Fundación A Banca "e particulares que tiñan as súas máns obra inédita" do pintor.

Vázquez destacou a importancia de "ter achegado a súa obra a cientos de rapaces e rapazas ourensáns", así como a recuperación de dous murais de grande formato ("La cacería" e "Nenos con burro"), que foron cedidos ao Concello para a súa exposición.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.