Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Día das Letras 2017 réndelle homenaxe a un fillo predilecto da cidade, Carlos Casares Mouriño, e desde o Concello de Ourense perfílase unha programación de altura con motivo desta celebración, achegando esforzos con entidades e institucións para dotar 2017 cun amplo programa de actividades culturais, para todos os públicos, e abranguendo todo tipo de manifestacións artísticas, que faga do presente o ano de Carlos Casares.

“Porque o Día das Letras é de seu, unha festa para todos os veciños e as veciñas da nosa cidade, igual que a de todos os que temos o orgullo de vivir na nosa terra, gozar da nosa cultura, e convivir e relacionarnos na nosa lingua. Mais aínda é unha festa maior cando, como ocorre este ano, serve para poñer en valor, reivindicar, e dar a coñecer a inmensa pegada que un ourensán coma Carlos Casares, deixou no campo da Cultura en Galicia”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez, no transcurso da presentación trala sinatura do convenio, no que participou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura de Galicia; Maximino Zumalave, director asociado da Real Filharmonía; e Carlos Casares, presidente da Fundación Casares.

Concerto no Auditorio de Ourense

Neste marco, e conforme ao convenio asinado, o Auditorio acollerá o día 16 de maio o Concerto das Letras, que promove o Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello, o Consorcio de Santiago e do Consorcio para a Promoción da Música.

A Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica, baixo a dirección de Maximino Zumalave, que interpretarán diferentes obras sobre textos de autores galegos ou de temática galega. No marco do concerto estrearase a obra Formiga, de Rubén Vizcaíno, a partir dun texto do libro A galiña azul, de Carlos Casares.

Será o perfecto preámbulo para a celebración do Día das Letras, e da homenaxe que o día 18 de maio lle renderemos a Carlos Casares na cidade.

Será unha cita especial, e cunha dobre dimensión. Primeiro, a institucional, na que se lle entragará á familia un pergamiño conmemorativo no salón nobre do Concello para, a continuación, celebrar un acto público, aberto a toda a cidadanía, no que se descubrirá unha placa en homenaxe a Carlos Casares, realizada polo escultor ourensán Xosé Cid. Será nun lugar moi especial: a Praza de Bispo Cesáreo, onde se atopa a sé do Liceo.

Completarase así a sentida e cálida homenaxe que a cidade de Ourense vén tributando a Casares desde o ano 2003, cando a Corporación municipal aprobou por unanimidade incoar o expediente de honra que concluíu o día 4 de abril dese ano co seu nomeamento como fillo predilecto.

Propóstas ao longo do ano

2017 continuará con máis propostas, coma o roteiro literario, exposicións, lecturas, recitais, obradoiros infantís e un simposio que serán elementos integrantes da programación cultural da cidade.

“Convido os veciños e as veciñas a que gocen con esta excepcional actividade que acollerá o Auditorio, oportunidade única que escoitar a marabillosa interpretación da Real Filharmonía de Galicia, e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica; así como da representación da obra Formiga, de Rubén Vizcaínio. Pero tamén a que reivindiquen a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa literatura, e lembrar sempre o papel sensacional que no apoio delas xogou Carlos Casares Mouriño”, concluiu o alcalde, Jesús Vázquez.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.