Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Cacería, o mural que Manuel prego de Oliver pintou en 1946 para o cine Mary, poderase contemplar na sala Valente logo dun minucioso proceso de recuperación. Da primeira época do artista, trátase dunha obra complexa de conxunto, narrativa e dirixida a un espazo público (tardaría oito anos máis en volver facer un mural, para a estación de tren do Carballiño). Ten unhas dimensións de catro metros de ancho e dous de alto, e poderá ser contemplada até o 26 de febreiro xunto aos outros 111 lenzos, bocetos e debuxos do artista que se mostran na Sala Valente.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, tivo palabras cariñosas para Manuel Prego, fillo do artista, e para Tere Amor, en representación da familia propietaria do Cine Mary -que ten máis obras de Prego na sala-. “Temos dobre motivo de alegría: por un lado, a de recuperar o esplendor de Prego de Oliver e, pola outra, a de recuperar un dos espazos afectivos da cidade, como é o cine Mary, patrimonio sentimental desta cidade”, dixo o rexedor. “Pechada como cine hai máis de 25 anos, rememoramos hoxe o seu vestíbulo contemplando esta obra, Cacería”.

Esta tarde, ás 20:00 horas, haberá unha conferencia titulada "Prego e a súa primeira pintura mural, restauración da obra Cacería", impartida por Natalia Figueiras (restauradora do mural xunto a Nieves Gómez) e Xabier Limia.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.