Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O concerto final do programa Ourencanto, un programa que espallou o gusto pola música coral á mocidade de entre 8 e 18 anos de toda a provincia, celebra este domingo ás 19:00 horas o seu concerto final. Sobre as táboas do Auditorio Municipal haberá 370 participantes cantando ao mesmo tempo e interpretando unha coñecida melodía galega elaborada ad hoc polo director do coro, Josu Elberdin, “o compositor para nenos máis recoñecido a nivel internacional”, en palabras do organizador do programa, Carlos Núñez.

Ourencanto, un programa no que colaboran Concello e Deputación de Ourense, “é unha iniciativa pioneira que combina a actividade formativa, de mente e corpo, fomentando valores como a convivencia, a integración, a socialización e o respecto polos demais”, segundo afirmou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na presentación desta cita que encherá o aforo do Auditorio Municipal: trátase dunha actividade na que a colaboración das familias resulta fundamental.

O programa pretende que “a arte sexa un un complemento educativo, como ocorre en moitos dos países máis desenvolvidos”, afirmaba Núñez en rolda de prensa. “Ademais, estamos notando que os nenos xa non cantan, e isto é un pulo moi importante”, dixo.

No programa, que se desenvolveu ao longo dos últimos meses coa complicidade de 23 profesores de música de toda a provincia, desde Barbadás a Pereiro de Aguiar, na periferia de Ourense, pasando por concellos nas Terras de Trives ou de Celanova, chega á súa fin esta fin de semana: o sábado haberá concertos de coro xuvenil e de voces brancas no Conservatorio de Música de Ourense, e o domingo repetiranse as funcións ao longo da mañá até chegar á gala final. “A intención é que esta iniciativa perdure no tempo”, anunciou o rexedor.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.