Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O xurado do XXI Concurso de Beléns Públicos de Ourense vén de decidir os nomes dos gañadores nas diferentes categorías do certame, ao que se presentaron 22 propostas dentro da cidade. Segundo establecen as bases do concurso, estes beléns estarán á vista ou abertos ao público en escaparates, vitrinas, mostradores, recunchos, etc.

Para que todo o público poida visitalos. En lugares de máis difícil acceso como en centros de ensino, residencias ou casas particulares, a apertura ao público será como mínimo de dúas horas ao día, dentro do horario comercial, e terán que estar ben sinalizados cun cartel no exterior do edificio.

Modalidade de entidades

Na modalidade de entidades, na que podían participar todas as asociacións sen ánimo de lucro e establecementos comerciais debidamente acreditados, os gañadores foron os seguintes:

  • 1º Premio (400 €) - Residencia Nosa Señora da Esperanza (A Farixa)
  • 2º Premio (300 €) - Residencia As Flores (Santa Cruz de Arrabaldo)

 

Beléns familiares

No tocante aos beléns familiares, instalados nos domicilios particulares:

  • 1º Premio (300 €) - América Vázquez Barreiro
  • 2º Premio (200 €) - Nerea Barxa Corral

 

Beléns nas escolas

Entre os centros escolares, para todos aqueles beléns confeccionados por alumnado de ensino non universitario

  • 1º Premio (300 €) - CPC Cisneros (Emilia Pardo Bazán 21)
  • 2º Premio (200 €) - CEIP O Couto (Rampa de Sás)

 

Premio da orixinalidade

O Premio á orixinalidade (300 €), para o belén máis creativo e singular nos materiais e no deseño xeral da montaxe, recaeu na panadaría Ansuíña.

Presentáronse un total de 22 propostas.

 

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.