Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense colaborará para a celebración, o vindeiro mes de outubro, da Feira do 21 no barrio ao que este evento deu nome a principios do século XX. 

Esta iniciativa, impulsada pola Asociación de Veciños de Santa Teresita, a Asociación de Comerciantes do Vinteún e a Federación Limiar, contará coa implicación das concellerías de Comercio, Limpeza, Transportes e Seguridade Cidadá, tal e como puxo de manifesto a edil de Comercio, Flora Moure, quen quixo felicitar aos impulsores desta iniciativa "que suporá recuperar un evento dinamizador da nosa cidade, partindo da iniciativa privada pero coa colaboración da Administración Local".


Así se acordou nunha reunión do alcalde, Jesús Vázquez, do concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos e da concelleira de Comercio, Flora Moure, cos impulsores desta iniciativa que aglutinará artesanía, productos ecolóxicos, gastronomía e actividades musicais e culturais para dinamizar o barrio do Vinteún. De feito, antes da celebración deste evento, volverase a manter unha nova reunión para perfilar todos os detalles da celebración do mesmo.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.