Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O martes 13 de xuño asínase a acta de replanteo para comezar as obras na Alameda do traslado provisional da Praza de Abastos.Con esta sinatura, comezarían os traballos para instalar na explanada da Alameda os postos provisionais que albergarán aos praceiras mentres duran as obras de reforma do edificio da Praza de Abastos nº1, que serán realizadas pola UTE Petrolam Emergis Alameda (Petrolam Infraestructuras SL – Emergis Construcción SL), por un importe de 659.934 euros IVE incluído. Os traballos na Alameda terán un prazo de execución de 4 meses.

As obras do proxecto básico e de execución do edificio para o traslado provisional dos postos da Praza de Abastos nº1 serán realizadas pola UTE Petrolam Emergis Alameda (Petrolam Infraestructuras SL – Emergis Construcción SL), por un importe de 659.934 euros IVE incluído.

A empresa terá 4 meses para a execución da obra, traballos que comenzarán esta semana, unha vez asinado o contrato e a acta de replanteo, prevista para mañá.

Trátase dun edificio provisional, facilmente desmontable e reversible, para o traslado provisional dos postos de venda da Praza de Abastos número 1 durante a execución das obras de reforma do mercado municipal, que durará 22 meses, por un importe de 3,6 millóns de euros con cargo ao 1,5% Cultural do Ministerio de Fomento.

O proxecto

O proxecto que agora se construirá foi redactado no seu día polos arquitectos Alfredo Freixedo Alemparte e Pedro Diéguez Iglesias Será un pavillón de estrutura lixeira metálica, formado por pórticos de piares metálicos e dintel de celosía con perfís metálicos. A cuberta é curva con augas cara ambos lados da nave, con cubrición de paneis de chapa lacada.

Emprazarase no paseo central da Alameda, entre bordos de xardíns sen necesidade de desmontar os parterres actuais.

Haberá postos de venda nos laterais e centro da nave, con dous corredores de servizo para que o público acceda aos distintos postos. Na entrada desde a rúa Progreso, nun espazo interior cuberto emprazaranse os postos de flores e na parte oeste os locais de servizos, vestiarios e aseos, entre outras dependencias necesarias para o funcionamento da Praza.

Serán en total 1.402,28 metros cadrados de superficie construída e 1.221,92 de superficie útil. O prazo para a súa montaxe e instalación será de 4 meses.

Esta estrutura será fácil de desmontar e reversible para que ao remate das obras da Praza, se poida realizar a total reposición do paseo da Alameda á situación actual.

Tanto durante a execución da obra, como durante o uso do proxecto autorizado, se manterán as cautelas de cargas e condicións de uso expresadas nos documentos técnicos. Así, a carga máxima de uso xeral será de 500kg/m2; a carga máxima de almacenamento será de 650 kg/m2; as cámaras frigoríficas e almacéns, cunha superficie de 3,10m2 terán un límite de 2.015 kg de almacenamento. Ademais, sobre o forzado no que se situará este mercado provisional autorizado non poderán circular nin estacionar vehículos, correspondéndolle o control do almacenamento aos praceiros.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.