Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O próximo domingo, día 5 de marzo, retómase o mercado de antigüidades na Praza Maior. A Concellería de Comercio do Concello de Ourense acometeu a regularización deste mercado que tradicionalmente se ven celebrando o primeiro domingo de cada mes. Esta regularización é consecuencia do acordo aprobado polo Pleno do Concello na súa sesión do día 13 de xaneiro.

Con esta finalidade, a Concellería de Comercio requiriu aos participantes para que presentasen a documentación necesaria para obter a autorización da actividade, motivo polo que o mes pasado non se celebrou este evento.

Así, os 16 vendedores autorizados ata o día de hoxe presentaron a documentación requirida, que foi estudiada polos técnicos municipais e determinaron, a través dos correspondentes informes, que se cumplen os requisitos e normativas aplicables, especialmente a ordenanza de venda ambulante. Dous máis están pendientes de aportar a documentación requerida.

Con esta regularización do mercadiño preténdese garantir que a venda dos primeiros domingos de mes será de antigüidades en sentido estricto, e que os profesionais que a venden teñen toda a documentación que a acredita como tal.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.