Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A blogueira e 'influencer' ourensá Cristina Bermúdez [@cabermu] celebrará esta fin de semana no café Plaza un 'market solidario' que destinará unha porcentaxe dos beneficios á compra de xoguetes para os nenos e nenas da Casa de Acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero, dependente da Concellería de Asuntos Sociais. O evento terá lugar o sábado 16 en horario de 11:30 a 20 horas, e o domingo 17 de 11:30 a 19 horas.

 

Á presentación do evento acudiu a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, quen asesorou a organizadora no destino final da axuda. A titular da área social agradeceulle a iniciativa a Cristina Bermúdez, e animou a todos os ourensáns a participar do evento. Ademais da venda de roupa e outros produtos de moda, haberá degustación de doces e un concerto a cargo de Diego Nóvoa (o sábado 16 ás 19:00 horas).

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.