Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello ven de facer público o listado definitivo dos beneficiarios das axudas de libros e comedores escolares

De acordo coas bases da convocatoria, ponse en xeral coñecemento o decreto de 27 de outubro de 2017 que aproba o listado definitivo de cualificación dos expedientes de libros de texto, material escolar e comedor escolar de 2017/2018.

Pódese consultar dito listado nos seguintes lugares:

  • Rúa Bispo Carrascosa no 8, baixo.
  • UNIS A ponte Rúa Eulogio Gómez Franqueira no 43 (Centros Cívico a Ponte).
  • UNIS Centro Rúa Bernardo González Cachamuíña no 11-13.
  • UNIS Couto Rúa Francisco de Moure no 2.
  • UNIS Casco Vello Rúa Colón no 18, (centro cívico).
  • Páxina web do Concello 

Contra este acordo, que pon fin a vía administrativa, pode interpoñer alternativamente recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xulllo, da Xurisdición Contenciosa-Administrativa. Se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, nonpoderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuizo de que poida interpoñer vostede calquera outro recurso ou acción que estime procedente.

Documentación anexa

Listado definitivo dos beneficiarios das axudas de libros e comedores escolares (pdf)

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.