Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense ven desenvolvendo desde hai anos múltiples programas e accións dirixidas á infancia e á adolescencia, encadradas en diferentes ámbitos da acción municipal, no entanto, e coa vontade de avanzarmos na protección da cidadanía en xeral, e da infancia e adolescencia en particular, e co compromiso de dotarmos de protagonismo este colectivo, apreciamos a necesidade de contarmos cun documento estratéxico que marque as directrices da acción municipal nas diferentes áreas de xestión municipal (Plan de infancia e adolescencia).

Para isto abrimos un proceso participativo no que se lle deu voz aos nenos, ás nenas e adolescentes, ás familias e traballamos coas entidades comprometidas no municipio coa infancia e a adolescencia permitindo, por unha banda detectar aquelas necesidades que puidesen estar cubertas de modo insuficiente pero tamén pór en valor as medidas e accións desenvolvidas na actualidade na infancia e adolescencia.

Como base fundamental na elaboración do Plan de infancia e adolescencia traballamos na realización do Informe de situación de infancia e adolescencia do Concello de Ourense, documento complexo e altamente participativo que nos conduciu á determinación do diagnóstico da infancia e adolescencia no Concello de Ourense.
Coa vontade de mantermos este espírito o I Plan de infancia e adolescencia estará exposto nos seguintes 30 días naturais e poderá consultarse presencialmente nas oficinas de Asuntos sociais, sitas na Rúa Bispo Carrascosa no 8, 1º.

Pedímosche que, durante este período de exposición pública, fagas as achegas que consideres necesarias antes da aprobación definitiva do I Plan de infancia a adolescencia do Concello de Ourense.

Documentación anexa

Estudo da situación da infancia e adolescencia en Ourense (pdf)

Plan Municipal de Infancia e Adolescencia (pdf)

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.