Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense pon en marcha o programa Vacacións en paz 2017 dirixido á acollida de menores saharahuis durante os meses de verán, xullo e agosto, e abre o prazo ata o 22 de marzo para que todas as familias interesadas poidan realizar as solicitudes a través do Rexistro Xeral. A cantidade de menores, con idades comprendidas entre os oito e os doce anos, dependerá do número de solicitudes que se procesen e dos preceptivos informes de idoneidade elaborados pola traballadora social do programa.

Solicitudes

Os interesados en acoller, que non teñen por que ser familias con fillos, poden facer a solicitude dirixida á Área de Asuntos Sociais: Programa de Inmigrantes e Emigrantes Retornados, a través do Rexistro Municipal, desde o 7 ata o 22 de marzo de 2017. Pódese consultar toda a información de Vacacións en Paz no programa de Inmigrantes e Emigrantes Retornados do departamento de Asuntos Sociais ou no teléfono 988.232.316.

O programa

O programa, que leva desenvolvéndose no Concello de Ourense desde o ano 1996 en colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahui, procura darlles a oportunidade aos menores dos campamentos de refuxiados do Tinduf de evitar os rigores do verán -50º á sombra- e sufagar os gastos de avión e autobús, así como integralos en actividades de lecer para reforzar os lazos con outros menores residentes na cidade.

Os beneficios para os menores do programa son múltiples, e van desde unha atención médica completa, para un desenvolvemento físico saudable, unha alimentación máis variada á que limitan as extremas condicións do deserto do Sáhara, así coma os vencellos de amizade e afectivos que establecen na nosa cidade.

Do mesmo xeito, é unha oportunidade única para escapar dunha zona en conflito: o pobo saharahui tivo que abandonar as súas terras vai 30 anos, actualmente baixo dominio de Marrocos e Mauritania. Hoxe en día, a ONU estima que serán 200.000 os refuxiados nos campamentos do Tinduf (Arxel) en medio dun clima de tensións territoriais e escaramuzas bélicas.

Pola parte saharahui, será un departamento específico quen seleccione os menores para a acollida atendendo a criterios coma o rendemento académico, que sexan fillos/as de mártires de guerra ou teñan problemas de saúde que haxa que tratar.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.