Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, visitou o programa CONBORUMBO, que ten como finalidade fomentar a inclusión social para o acceso e a permanencia no mercado laboral, destinado a persoas en exclusión social ou en risco de sufrila, que xorde da colaboración entre o Concello de Ourense e a Confederación Empresarial de Ourense, e conta co financiamento do Fondo Social Europeo a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

O programa leva 4 meses en marcha. Na súa base de datos constan actualmente máis de 120 persoas das cales 45 xa recibiron formación, realizando os cursos de Carné de conducir teórico (14 persoas), Manexo de carretillas elevadoras (15 persoas) e preparación das Competencias Clave Nivel 2 -matemáticas e lingua- (16 persoas).

Outras 45 persoas recibirán tamén dita formación nesta segunda parte do programa. Ademais da formación, cada usuario foi entrevistado e incluído nunha base de datos para poder xestionar eficazmente as ofertas de emprego que diariamente se procuran ou reciben.

Resultados

Agora mesmo xa se teñen xestionado 110 candidaturas a diferentes ofertas de emprego e hai rexistradas máis de 500 actuacións cos participantes de distinto carácter e con temáticas moi variadas.

Todas elas forman parte dos itinerarios que se deseñan para cada usuario tendo en conta as súas necesidades e posibilidades. Desde mellorar e realizar novos currículos máis efectivos e atractivos, analizar as súas necesidades de formación, intermediar con servizos xurídicos, xestionar unha axuda e ate iniciar unha iniciativa de autoemprego, son exemplos da diversidade de actuacións realizadas para traballar pola inserción e a mellora das condicións de vida e as posibilidades de empregabilidade dos usuarios.

Sete usuarios acadaron a súa inserción laboral. Unha cifra que a organización prevé aumente de xeito importante nesta segunda fase, na que o programa toma un rumbo máis dirixido á inserción laboral.

Novas accións formativas

Este mes de xaneiro comeza a segunda fase das accións formativas:

  • Carné de conducir teórico, con 14 alumnos. Nesta formación inclúese a matrícula e os dereitos de tres exames, as clases teóricas, preparación de test, material e Exame Psicotécnico obrigatorio para presentarse ao exame. Comeza o día 24 de xaneiro.
  • Manexo de carretillas elevadoras de ate 10.000 kg. Con 15 alumnos. Este é un curso moi demandado porque hai oferta de traballo e demanda de formación por parte das empresas. Comeza o día 20 de xaneiro.
  • Preparación das Competencias Clave Nivel 2: Estas 64 horas de preparación complementan ás 48 que se impartiron na primeira fase do programa. O obxectivo é formar a 17 usuarios para que podan obter as competencias clave de nivel 2 para acceder a certificados de profesionalidade deste mesmo nivel. É unha forma indirecta de proporcionar formación de calidade a persoas con moi pouca ou nula formación que lles permita habilitarse para a realización dunha ocupación. Os alumnos reciben a formación en matemáticas e lingua castelá. Comeza o día 16 de xaneiro.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.