Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense oferta 35 prazas para persoas adultas que desexen aprender inglés na Escola Municipal de Idiomas para o novo curso 2017/2018. Durante estes días está aberto o prazo de inscrición para a incorporación de novo alumnado á escola municipal, que terá así a oportunidade de unirse aos grupos que nela funcionan. Para o curso 2017/2018 hai nestes momentos 35 prazas dispoñibles, nos niveis de iniciación, elemental e pre-intermedio.

A duración dos cursos é coincidente co ano escolar. O custe de matrícula é 19.80 € e a cota trimestral é 59.60. As persoas interesadas poden dirixirse á Concellería de Educación, na Praza de San Martiño nº2 - 1º, teléfono: 988 388 136.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.