Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Ourense contará cun novo hotel de 25 habitacións, con dúas delas tipo suite, e catro estrelas. Terá piscina termal, ximnasio, salas de reunións e xardíns.

Suporá unha inversión de máis de 2 millóns de euros e a creación de 12 postos de traballo, segundo confirma un dos promotores do proxecto, Carlos Martínez

O proxecto, que se ubicará na rúa Reza, foille presentado ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen agradeceu “o empuxe da iniciativa privada para poñer en marcha proxectos que melloren e complementen a oferta turística da cidade”. O arquitecto responsable do proxecto, Manuel Álvarez, explicou os detalles desta obra, que se ubicará no número 17 da rúa Reza (antigo edificio Villalón) e cuxo prazo de execución prolongarase durante alomenos 18 meses.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.