Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense, a través da Concellaría de Turismo e Termalismo, e o Grupo turístico Logitravel axuntan esforzos para promocionar a cidade de Ourense cun atractivo produto que se centra en ofrecer unha viaxe personalizada e empaquetado en tren Ave + hotel + coche + actividades. Unha iniciativa pioneira no sector coa que o Concello e Logitravel buscan acompañar ao viaxeiro durante todo o proceso da viaxe, co fin de ofrecerlle unha experiencia completa e única.

O importante acordo de colaboración foi ultimado na sede central de Logitravel polo Concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar Tesouro, e Tomeu Bennasar, Director Xeral de Logitravel.com, tras meses de contactos e traballos previos. Para Bennasar, "este acordo supón unha aposta decidida do Grupo pola cidade de Ourense e o seu rico patrimonio termal, cultural, paisaxístico e gastronómico. Con esta iniciativa esperamos achegar este interesante destino galego tanto aos viaxeiros españois como aos estranxeiros, sobre todo aos portugueses".

Pola súa banda, o concelleiro Jorge Pumar explicou que "é un acordo moi importante para Ourense. A clave é que unha axencia en liña líder en turismo vacacional, como é Logitravel, aposte por Ourense como destino turístico, tras o éxito da campaña 'Ourense un Plan Perfecto' presentada en FITUR".

"É desde esta data, a presentación de "Ourense, un Plan Perfecto" en xaneiro, durante a feira FITUR, cando se empeza a negociar este acordo. Unha campaña que pretende reforzar a presenza da cidade nos seus principais mercados emisores, España e Portugal e en internet", explica o concelleiro de Turismo de Ourense, Jorge Pumar. A campaña aposta polos accesos en tren como punto forte do destino, aproveitando unha boa conectividade con Madrid que converte a Ourense en porta de entrada a Galicia, sendo Ourense un destino imprescindible para calquera turista que visite Galicia.

Intensa campaña de publicidade

Esta iniciativa de promoción apoiarase nunha intensa campaña de publicidade en liña nos mercados de España e Portugal e que se focalizará nos principais medios audiovisuais e impresos de ambos os países, en Redes Sociais e Youtube, e nas diferentes páxinas webs do grupo. Ademais, esta iniciativa promocionarase nas preto de 1.500 axencias de Traveltool que o Grupo turístico ten en ambos os países.A campaña complétase con outros produtos temáticos complementarios como as innovadoras Rutas en coche, na que Logitravel.com é actual referente no mercado, que permitirán ao viaxeiro explorar ao seu aire, con todas as comodidades e no seu coche de aluguer, os innumerables atractivos que ofrece o destino ourensán.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.