Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Gastro-Bar Sanmiguel é galardoado co primeiro premio do Concurso de pinchos de primavera Sabores de Ourense. O luns 15 de maio procederas e entrega de premios no Salón de Plenos do Concello, onde se darán a coñecer a maiores os gañadores dos 3 premios do público, o premio da aplicación “Sabores de Ourense” e máis o premio especial celíacos.

O luns 8 de maio ás 17:00 reuniuse no restaurante A Taberna o Xurado Profesional da 6ª edición do Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera 2017 para a concesión dos seus premios.

O xurado:

  • Rosa Celi Mouteira, profesora do IES Vilamarin
  • Jesus Lastra, cociñeiro, formador e asesor de hostelería (http://mrchefonline.es/)
  • Silvia Pardo, responsable de comunicación do Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR
  • Sonia Albor, en representación do Concello de Ourense
  • Jose Manuel García, xornalista e presentado do programa “Come ou Fala” da Radio Galega

Os galardoados:

  • 1º Premio Xurado:
    • “O Atún e a Primavera”, do Gastrobar San Miguel: Atún vermello en remolacha e mariñado en salsa Yoki, xema encurtida e afumada, salteado de trigueros, allo porro e amorodos, aire de Abril e folla de ostra
  • 2º premio Xurado:
    • “Choco Donut”, do Bacelo: Trompe-l'oeil de donut de chocolate, enchido de chocos na súa tinta, con algas e herbas de litoral
  • 3º Premio Xurado:
    • “Tesouro Mariño”, do Tapa Negra: Profiterol enchido de tartar de sardiña afumada, salpicón de boi, mazá “cuí”, aceite de chile doce e crema de ovo fritido con puntilla

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.