Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense informa sobre a apertura do prazo de inscrición a terceira edición a Lanzadeira de Emprego de Ourense, un proxecto no que colabora coa Fundación Telefónica e a Fundación Santa María La Real. As incricións están abertas ate o 8 de novembro.

 A próxima Lanzadeira de Emprego de Ourense será a terceira que funcione na cidade tras as dúas anteriores edicións celebradas en 2016, con bos resultados, cun balance de inserción laboral do 60%.

O Alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, agradeceu a ambas as fundacións a súa colaboración e sinalou que "no seu día, na presentación deste proxecto de lanzadeiras, dixen que era un dos proxectos máis ilusionantes que estamos a realizar no Concello; e hoxe saio con esa idea reforzada, pois é un dos obxectivos fundamentais do goberno que presido o xerar emprego".

Esta terceira Lanzadeira de Emprego renova e reforza a ilusión e o compromiso deste Concello coa procura activa de emprego, tal e como
sinala o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar: "Os resultados e balance tan positivos das anteriores edicións son o mellor exemplo para demostrar que as lanzadeiras non son só un proxecto innovador e ilusionante, senón eficaz na loita contra o desemprego en Ourense".

O obxectivo desde proyecto consiste en axudar aos interesados para adestrar novas técnicas para atopar un emprego en equipo, reforzar as súas competencias profesionais, mellorar a súa empregabilidade e achegarlles novas posibilidades que faciliten a súa inserción laboral.


Perfil dos participantes

A III Lanzadeira de Emprego de Ourense irá destinada a 20 mozos desempregados, menores de 35 anos. No entanto, se as 20 prazas non se cobren con estes perfís, se reserva a posibilidade de que cinco poidan destinarse a persoas de maior idade, ata os 59 anos. Poderán ter calquera nivel formativo (ESO, Formación Profesional, Bacharelato, así como diplomaturas ou licenciaturas universitarias) e proceder de calquera sector laboral, teñan ou non experiencia previa.

Os participantes neste proxecto non responden a un perfil formativo concreto, senón que participa tanto xente nova con estudos básicos; coma procedentes da Formación Profesional ou Bacharelato, ou que remataron diplomaturas ou licenciaturas universitarias.

Do mesmo xeito, ós participantes tampouco se lles esixe experiencia nun sector laboral determinado; senón que a participación está aberta a persoas con distintas traxectorias e procedentes de áreas laborais diferentes, con ou sen experiencia, e incluso con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.


Deste xeito, cada lanzadeira está integrada por un equipo moi heteroxéneo, coa idea de desterrar a competencia directa, e fomentar a cultura colaborativa. Os seus organizadores buscan perfís diferentes, que se complementen e que se axuden uns ós outros á hora de buscar un traballo, pero a través de novas técnicas e con novas ferramentas.

Qué fai a Lanzadeira?

As 25 persoas seleccionadas, reúnense 4 días á semana no Centro de Iniciativas Empresariais. Nesas reunións levan a cabo sesións de coaching e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, potencian a creación da súa marca persoal e a procura dun emprego 2.0. Entre as labouras que fan durante as clases destacan técnicas de adestramento de entrevistas persoais; elaboración de mapas de empleabilidade, visitas a empresas, reunións con emprendedores e procesos de intermediación laboral con responsables de Recursos Humanos.

Inscrición 

As persoas interesadas en participar no programa, de carácter gratuito e voluntario, dispoñen ate o 8 de novembro para inscribirse a través do Enlace para a inscrición na web de Lanzaderas o en formato presencial, solicitando e presentando o correspondiente formulario no Centro de Iniciativas Empresariais (Rúa Padre Feijoo, 1ª), en horario de 8 a 15 horas; ou na Oficina de Atención Ciudadana (Concello, Praza Major, 1), en horario de 9 a 14 e de 16 a 20 horas.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.