Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O centro de coñecemento La Molinera abre mañá mércores ás 8:30 horas a inscrición para que os nenos e nenas de 8 a 11 anos se apunten ao campamento Minecraft. A actividade desenvolverase entre os días 26 e 30 de decembro de 10:00 a 14:00 horas, e a inscrición pode realizarse a través da web lamolinera.net

Organizado pola Concellería de Promoción Económica e a colaboración da área de Xuventude e o patrocinio de VIAQUA, Minecraft pretende darlles aos asistentes novos coñecementos sobre o ciclo da auga e a importancia do seu tratamento.

De forma complementaria, realizaranse actividades experimentais sobre dita temática grazas ás instalacións de La Molinera.

No campamento aprenderán os rudimentos básicos do funcionamento deste xogo a través dos servidores, o traballo en rede e mesmo construíndo mandos para o xogo de Minecraft controlados a través de makey makey.

Así mesmo, os participantes irán creando novos mundos desde cero, un xogo orientado a que vaian descubrindo os elementos imprescindibles para a supervivencia en cada unha das súas creacións, o que lles permitirá tratar o tema da auga e a súa importancia para a vida.

Máis información

Enlace á web do Campus Minecraft de La Molinera

 

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.