Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense e a Xunta de Galicia organizan o campamento dixital de verán para nenos “La Molinera Kids”, formando por un conxunto de obradoiros que fomentará, a través de creación dixital, a capacidade de realizar pezas artísticas e converter a nenos e nenas en creadores en troques de meros consumidores de Internet. O Universo será o tema central nesta edición, que lles proporcionará ás familias unha forma de conciliación durante as vacacións escolares de verán ao tempo que fomentará as posibilidades creativas, o traballo en equipo, a cooperación, a diversión, a solidariedade, e o espírito emprendedor.

Desde o 28 de xuño ata o 31 de xullo, con dúas quendas, de 10 a 11:45 e de 12:15 a 14:00 horas. Haberá 3 grupos, en función da idade (8 a 10 anos, 11 a 12 anos, 13 a 15 anos), cun máximo de 30 nenos por xornada. As inscricións realizaranse desde o martes 6 de xuño, a través do espazo web www.lamolinera.net

O programa inclúe Arquitectura 3D, Realidade aumentada, drons, realidade virtual, Cine Animación 3D e creación de videoxogos son algúns dos contidos que se abordarán no campamento. Nenos e nenas aprenderán, así, como deseñar a súa vivenda futurista en tres dimensións, o seu libro con realidade aumentada, pilotaxe con drons, usar gafas de realidade virtual, curtametraxes, videoxogos, o seu mundo en micecraft, robots, e composicións musicais a través das técnicas de dj.

“Desde La Molinera estamos a facer unha forte aposta por poñer as novas ferramentas tecnolóxicas ao servizo das persoas, cunha vocación moi especial polos máis cativos”, asegura o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, quen quere “agradecer que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, se sume a este proxecto e forme parte desta actividade”.

Pumar lembra tamén que a través dos obradoiros para nenos e dos campamentos organizados no centro municipal “estas novas xeracións de ourensáns, que xa son nativos dixitais, están a familiarizarse coas novas tecnoloxías dun xeito lúdico e formativo, non só como consumidores pasivos, senón como usuarios que son de ferramentas que estimulan a súa creatividade, descubrindo o seu revolucionario potencial”.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.