Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera incorpora na súa programación de abril novas propostas formativas para todos os públicos. A Aula CeMIT organiza un obradoiro de iniciación á informática, que se desenvolverá de luns a venres, de 9,30 a 11,30 horas, desde o día 17 ata o 25 de abril. As persoas interesadas poderán inscribirse desde o día 10. Tamén este mes, a Aula CeMIT imparte o Obradoiro “Compra de forma segura en Internet”; os días 3, 4 e 6 de abril, de 9,30 a 11,30 horas.

O programa Xoves inspiradores incorpora como novidade un obradoiro de marca persoal, que terá lugar o día 27, de 18,20 a 20,30 horas, impartido por Patricia Vázquez e Alba Moretón. Tamén dentro deste programa, continuará o día 6, o Obradoiro de argumentación e debate que imparte Aida González, campioa do mundo de debate universitario en español 2016

A terceira novidade está dirixida a escolares. Será o obradoiro “Re-creando: Novas tecnoloxías aplicadas á arte”, os días 21 e 28 de abril pola tarde, para nenos e nenas de 10 a 16 anos.

A programación do mes de abril ten como ultima novidade será unha sesión de fotografía para emprendedores, que se realizará o día 28.

As persoas interesadas poden inscribirse nas actividades páxina web www.lamolinera.net, ou solicitar máis información no centro municipal sito na rúa Abrevadeiro, 1, 988374523

Continuarán tamén en abril 3 obradoiros da Aula da Rede CeMIT (Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) de La Molinera, adicados a introducción ao Arduino, electrónica básica para robótica e asesoramento de proxectos.

Na parte infantil, continúan “Arquimakers-kids: crear para pensar” e “Team makers kids: robótica–apps”. A programación mensual complétase co taller de educación emocional Akademia, para mozos de 16 a 22 anos, e o curso de fotografía do programa municipal Universidade Popular.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.