Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera segue a apostar polo talento ourensán cun novo programa, “Xoves inspiradores”, que cada semana pretende converter este espazo municipal en punto de encontro, reflexión, debate e transmisión de coñecemento entre todos os ourensáns.

Nesta ocasión, o 23 de febreiro, será a ourensán Aida González, a campiona do mundo de debate universitario en español 2016 quen sexa a protagonista dun obradoiro de argumentación e debate.

As persoas participantes aprenderán as dinámicas do debate, a extrapolar as habilidades adquiridas mediante a súa práctica e a convertelas en competencias básicas transversais aplicables a calquera outro ámbito.

Serán 4 sesións, cada 15 días, ata o 6 de abril. O obradoiro conta con 25 prazas, as inscricións son a través da páxina web http://www.lamolinera.net, e a entrada é gratuíta. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Coñecemento La Molinera (988 374523).

“Xoves Inspiradores” de La Molinera é un novo programa, que se desenvolve todos os xoves, de 19.00 horas a 20.30 horas, abordando diferentes temas de actualidade. Comezou cunha sesión sobre Instagram, na que participaron tres influencers locais, e durante 4 semanas, ata o 30 de marzo, abordará o mundo das redes sociais, cunha sesión cada 15 días. A próxima cita con esta actividade será o día 2 de marzo, dedicado á rede social Twitter, co obxectivo de proporcionara os participantes consellos de utilidade baseados na súa experiencia para aplicalos nos seus perfís persoais ou empresariais.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.