Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O programa de actividades para a mocidade Ociourense Xove, que organiza o Concello de Ourense inicia esta fin de semana unha nova edición, coas primeiras propostas de lecer saudables dirixidas a mozos e mozos de 14 ata 30 anos.

O venres, 21 de abril, comezará o obradoiro Dj+visuais, que se desenvolverá de 19:30 a 21:30 horas, no Espazo Lusquiños, coa participación de 15 mozos e mozas

Mañá, sábado, comezarán

  • Piraguismo, de 11:00 a 13:00 horas na Central de Velle, con 15 participantes,
  • Escalada, de 11:00 a 13:00 horas en exteriores da cidade, con outros 15,
  • Buceo, de 16:30 a 18:30 hores, no Pavillón dos Remedios (20 persoas).
  • Inicio ao Running, de 10:00 a 12:00 horas, con saída desde a rúa Bispo Lourenzo (20)
  • Baile Urbano, de 17:30 a 19:00 horas, no Espazo Lusquiños (20)
  • Foto en Ruta, de 10:00 a 13:00 horas, no Espazo Lusquiños (20)

18 actividades durante 3 meses

No seu sétimo ano, Ociourense Xove 2017 porá a disposición de mozos e mozas de entre 14 e 30 anos de idade un total de 18 actividades saudables para o seu tempo de lecer. Será durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño, e incluirá campos tan diversos como o deporte, a música, a fotografía, o baile, o cinema ou a cociña, entre outras. Todo cunha oferta de doado acceso e moi diversificada para encaixar con posibles afeccións e adecuada aos momentos de venres e sábado.

Este ano as novidades serán Iniciación ao running, Ourengym nos parques, Defensa persoal e Video DJ. Con estas actividades o programa municipal prevé acadar a participación de ao redor de 1000 mozos e mozas.

A programación completa de actividades inclúe: Camiñar na noite, Ourengym nos parques, Cócteles sen alcol, Inicio Running, Baile Urbano, Defensa persoal, Nutri-receitas, Foto en ruta, Andaina sen fume, DJ+Visuais, Caza foto, Piragüismo, Escalada e Buceo. Ademais, coa colaboración de Cineclube Padre Feijóo, realizaranse 5 proxeccións de cine ao aire libre, que se desenvolverán pola noite nas Burgas e nas escaleiras de Santa María Nai.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.