Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

"Ourense con Luz Propia" é o lema co que o Concello de Ourense quere posicionar á cidade das Burgas como Capital Galega do Nadal. Así o explicou esta mañá na Cidade da Cultura de Compostela o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen descubriu os motivos desta campaña.

Porque Ourense ten unha completísima axenda de máis de 200 actividades para todos os públicos, co fin de encher o Nadal de ocio, diversión e disfrute para toda a familia.

Luces nas rúas

Porque tres serán os momentos que se levarán a cabo para simbolizar esa luz: acenderase esta tarde ás 20:00 horas o alumeado principal da nosa cidade na Praza Maior e contará a continuación coa actuación do coro de música Gospel V-Go! Negro son. O venres día 2 inaugurarase outro alumeado novidoso nas Burgas, especial para o noso símbolo termal, onde se instalará unha composición navideña para desfrute de grandes e cativos e poidan fotografiarse nun entorno emblemático da cidade. E culminaranse os "acendidos" o 16 de decembro, co alumeado especial diante do tradicional Belén de Baltar, na Capela de San Cosme onde estarán os nenos e nenas cantores do coro infantil da Capela Madrigalista.

Porque Ourense é Cultura, onde os óleos de Prego de Oliver seguirán sendo os grandes protagonistas co proxecto "Prego 100 anos", o máis ambicioso deste ano en toda Galicia, cunha ollada multidisciplinar cara o legado do eterno autor ourensán. E porque non podemos esquecer que tamén somos cuna do Festival de Cine, levaremos o "Cine máis pequeno do Mundo" por diferentes barrios da cidade. E porque haberá exposicións de referencia como a que se inaugurará mañá no Museo Arqueolóxico a cargo da Xunta de Galicia e que levará por título “Na procura do pasado”, facendo un repaso á orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense.

Música e teatro

Porque Ourense é Música. Teremos concertos de diversos estilos para nenos e maiores, o I Ciclo de Lírica do que nos quedan tres marabillosos recitais coas figuras máis representativas do país de ópera e zarzuela; 6 concertos en igrexas de toda a cidade en formato piano, guitarra e voz a cargo de Emilio Rúa. Fados coa tradicional fadista María do Ceo. Os cativos tamén contarán con especiais musicais no Auditorio Municipal dentro da programación infantil: este mesmo sábado vén a Patrulla Canina con “Salvar el parque de las mascotas”, e o sábado que vén, festival CLAN con “¡Ven a mi cumple!”. Pero a maiores... “La bella y La Bestia” e “A Maxia de Pinocho”.

Durante catro días, como cada ano, as panxoliñas serán as protagonistas do Nadal ourensán.

O festival de Nadal que como todos os anos enche a sala principal do auditorio municipal de música, da man da orquestra da Escola Municipal de Música.

Animación musical de rúas, en diversos barrios da cidade levarase a cabo esta animación na rúa da man de Priscila versións para o Nadal.

Non podíamos esquecernos da nosa xente xoven que poderá desfrutar dunha festa de benvida do Nadal cun pasarrúas e unha sesión DJ que animará a noite nunha das prazas máis emblemáticas do casco vello de Ourense.

E o día 31 na praza maior despois da medianoite a orquestra Panamá será a protagonista do baile de benvida de Aninovo organizado polo concello.

Moda e tendencias

Porque Ourense é innovación, e por iso este ano teremos como unha das grandes novidades un espazo "Pop Up Stores", na Alameda, onde os mellores xóvenes emprendedores de Ourense amosarán as súas creacións de arte, moda, tendencias, ecoloxía, gastronomía, smart ups... E todo nun espazo onde convivirá o talento artístico da cidade, a animación infantil de Nadal, o coworking e o mellor da gastronomía ourensá. Nun marco incomparable baixo unha carpa transparente e iluminada para a ocasión. Esto será entre o 21 e o 24 de decembro.

Porque Ourense é conciliación. E por elo está deseñada unha completísima axenda de actividades para que en canto remate o cole, os rapaces e rapazas poidan aproveitar as mañás con obradoiros e actividades lúdicas, nas que tamén son parte importante os nosos maiores. Os centros cívicos serán o eixe central destas actividades, para dar a benvida ao Nadal haberá contacontos da Aula de teatro da Terceira Idade, panxoliñas, exhibicións de bailes de salón e chocolatada.

Obradoiros e actividades todo o Nadal, obradoiros de maxia, de reciclaxe e preparación da festa de Fin de Ano, de manualidades, de cociña tradicional de Nadal, figuriñas con arxila, disfraces de Nadal, e moitos máis.

Incluso este ano unha nova actividade de teatro e obradoiros para bebés (do 2 ao 5 de xaneiro) na Alameda do Bispo Cesáreo, na carpa DOMO BABY. Actividades e novidades que non deixarán indiferente a ninguén.

Porque Ourense é Deporte. E por iso este ano, ademáis dos múltiples certames que xa son tradición na cidade (fútbol, ximnasia, natación, xadrez, minibasket, balonmán...). Cómpre destacar que tamén terán como novidades o Torneo de Reis Módulo Atletismo e o Torneo Infantil Solidario Reis Pádel. Ademais teremos por primeira vez unha San Silvestre. Non hai mellor xeito de rematar o ano que percorrendo en carreira un circuito urbán pola nosa cidade. Ou ben correndo pola mañá coa nosa mascota nunha novidosa carreira pedestre: o Canicross.

Festas acuáticas

E como Ourense é cidade de Auga, non podían faltar festas acuáticas: o Festival Nadal acuático de Natación sincronizada do día 17 de decembro, ou a tamén a exhibición Hai que Mollarse “Especial Nadal”, na que participan os participantes nos cursiños de natación que imparte o Consello Municipal de Deportes.

Diversos torneos, uns que xa forman parte da tradición deportiva ourensán e outros novidades que se presenta este ano. Torneo de Nadal de Ximnasia, o torneo internacional de Aninovo de Xadrez, categorías prebenxamín, benxamín e alevín e o Open Internacional que reúne a 60 participantes de clubes, galegos, catalanes e portugueses dos que o 80% teñen ranking internacional.

Desde hoxe, ademais, haberá unha pista de xeo nas instalacións do centro comercial Ponte Vella.

Porque Ourense é solidariedade. E son moitas as actividades que deseñamos con fins benéficos, como concertos ou o campionato de Scalextrix Solidario que xa puxemos en marcha o ano pasado e recuperamos e reforzamos neste.

Porque Ourense é participación. E deste xeito implicamos ás asociacións de veciños con obradoiros e actividades para estas festas. Obradoiros que van dende decoración de gallegas e cupcakes, Taller Doce, Velas Artesanais, Xabóns Artesanais e outros moitos que animarán sen duda o Nadal en puntos de toda a nosa cidade.

Porque Ourense é vangardista. Por este motivo, Papá Noel conectará cos nenos ourensáns por videoconferencia en La Molinera, espazo de referencia posto en marcha este ano onde tamén teremos o #OurenseMakersLab, para achegarnos ao mundo da impresión 3D, da robótica, o pensamento creativo, os drones, etc.... E sen esquecer o Campamento Minecraft para 25 nenos e nenas. Seguro que os que tedes nenos e nenas, sabedes que dicir Minecraft é dicir diversión absoluta para eles.

Espectáculo na Praza Maior

Porque Ourense é sorprendente. E por iso que este ano volveremos a traer o VideoMapping á Praza Maior. Mellorado, con sorpresas e con máis pases. Dous diarios os días 17 e 30 de decembro, así como o 4 de xaneiro. Unha actividade fascinante da que os ourensáns falaron e recordaron durante todo o ano e que fará o primeiro dos pases as 8 da noite e o segundo pase unha hora despois, ás 9.

Como sorprendente vai ser o espectáculo pirotécnico que terá lugar a noite do día 5 de xaneiro despois da chegada das súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente na zona do corazón de Ourense, o río Miño.

Porque Ourense é tradición. E como coñecemos a especial ilusión dos máis cativos, a Praza Maior que se vestirá coas mellores galas para converterase no acolledor fogar de Papá Noel e os seus axudantes e elfos, que se adicarán a recoller as cartas coas súas peticións. Sen dúbida, un momento máxico para toda a familia.

Outra tradición que se voltará repetir este ano será cos Paxes das Maxestades os Reis Magos de Oriente, que serán enviados en misión especial á praza Maior para recoller as cartas dos máis pequenos nas tardes dos días previos á chegada dos Reis Magos.

“Por todo isto e moito máis é polo que vimos a presentar a Ourense como destino ideal de escapada no Nadal. Porque Ourense ten un comercio magnífico capaz de colmar as expectativas dos consumidores máis esixentes. Porque a todas estas cualidades se lle suma o océano de auga quente que temos baixo os nosos pés e nos permite disfrutar de baños termais ao aire libre en pleno Nadal, sendo unha experiencia única.

E porque Ourense será o escenario perfecto dun Nadal de fantasía con rincóns sorprendentes onde tomar imaxes imborrables. Merecerá a pena descubrir que Ourense namora e brilla con Luz Propia en Nadal”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez, ao remate da explicación da campaña Ourense con Luz Propia.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.