Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense, a través dun convenio de colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) e Orange España para a formación e apoio ao emprendemento dixital baseado na innovación, pon en marcha o programa Sé Digital.

Concibido coma un programa de formación online, e elaborado en colaboración coa EOI e Orange, está deseñado para desenvolver habilidades dixitais entre os cidadáns e contribuír á transformación dixital das empresas, así como para o desenvolvemento do ecosistema dixital municipal.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, salientou a “oportunidade que representan plataformas coma esta, gratuíta e aberta para todos os cidadáns, para o desenvolvemento do tecido económico da cidade”, especialmente “nesta cidade con tradición de comercio e comercio tradicional”.

Xunto ao rexedor, tamén estiveron presentes os concelleiro de Emprego e Promoción Económica, Jorge Pumar, e de Comercio, Belén Iglesias, o xerente de Relacións Institucionais da Zona Norte de Orange España, Óscar Aragón; e o xefe de Proxectos Estratéxicos da EOI, Javier Moreno. Ademais, até o salón de plenos desprazáronse integrantes de diferentes colectivos de comerciantes da cidade, coma a Cámara de Comercio, o Centro Comercial Aberto, o centro comercial Ponte Vella ou a asociación de comerciantes da Praza de Abastos.

Sé Digital está orientado ás necesidades reais dos cidadáns, profesionais e comerciantes locais coa finalidade de que desenvolvan habilidades dixitais que os axuden a facer negocios desde a súa localidade. Os contidos do programa son de alta calidade e coas últimas técnicas audiovisuais / linguaxes de comunicación, e conta con expertos e especialistas de renome, adaptados á realidade da zona.

Contidos do programa

Entre os contidos do programa: Oportunidades para os negocios desde a túa localidade; Tecnoloxía básica para os negocios e a promoción en canles dixitais; Posicionamento online da túa idea para que te atopen desde calquera parte do mundo; Novas formas de financiamento en internet para poñer en marcha o teu negocio; Consideracións xurídicas básicas sobre propiedade intelectual e protección de datos (Que é legal, alegal ou ilegal en internet?); Novas teconoloxías para mellorar procesos na túa empresa e axudala na súa transformación dixital; e outra serie de temáticas relacionadas coa economía dixital.

Gratuíto e sinxelo

Apuntarse a Sé Digital é sinxelo, xa que se trata dun curso online de 20 horas de duración, sen límite de prazas e que se poderá completar ata en 2 meses. Non require coñecementos previos en materia de novas tecnoloxías e é completamente gratuíto. A inscrición poderase realizar a través da páxina web https://sedigitalylanzate.es ou de www.ourense.gal desde este mesmo luns.

A compañía Orange facilitará as titorías e material preciso, e ao final do curso expedirase un certificado oficial asinado pola EOI.

Este programa, realizado noutras cidades de España, é moi ben acollido por profesionais e comerciantes, con éxito de participación. Ourense será a primeira cidade de Galicia no que se celebre. A través do programa Sé Digital formaranse unhas 10.500 persoas en toda España interesadas en coñecer as oportunidades de negocio que lles poden ofrecer as TIC para participar na nova economía global desde as súas localidades.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.