Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

“A túa indiferenza, mátame” é o lema co que o Concello quere implicar e facer reflexionar á sociedade con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Hoxe foron presentadas as actividades programadas con motivo deste día no Salón de Plenos, a cargo da concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, e do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Sobre o traballo continuo no apoio ás mulleres vítimas de maltrato é algo que quixo poñer en valor o rexedor ourensán na súa intervención.

271 mulleres atendidas en 2015

No Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) foron atendidas o pasado ano 271 mulleres, das que 204 estaban comprendidas en idades entre os 25 e os 54 anos. E 228 dese total con fillos ao seu cargo.

Nas consultas realizadas, comprenden asesoramento xurídico, asesoramento psicolóxico, atención ás vítimas de violencia con medidas xudiciais, orientación sobre emprego, e solicitudes de información. “Unha durísima realidade á que non somos alleos no Concello de Ourense, motivo polo cal quero transmitir desde aquí a miña gratitude ao persoal do Centro de Información Municipal ás Mulleres e á Concellería de Igualdade e Asuntos Sociais polo traballo que desenvolven no seu día a día prestando unha axuda vital para axudar a quenes máis precisan de nós”, sinalou Jesús Vázquez.

Actividades

E para loitar contra a indiferenza que mata, o Concello articulou unha campaña que comezará co Festival de Voces Femeninas no Teatro Principal, onde Anaïs Mitchel e Soley homenaxearán a Kate Bush.

O día 25 de novembro, Trécola Teatro representará en diversos lugares a campaña: na rúa Paseo, na Praza Maior, nos Xardíns Padre Feijóo, na Subdelegación do Goberno... Co fin de visibilizar e chamar a atención sobre este problema que é de todos e sobre o que nunca debemos apartar a mirada.

O acto institucional no Salón de Plenos e a estrea da curtametraxe “O Partido”, protagonizado polo alumnado no instituto das Lagoas completarán os actos do venres.

Os días 28 e 30 de novembro, porase en marcha no Espazo Lusquiños un curso de autodefensa para as mulleres, que impartirán Mai Insúa e Cristi Tojo, ás 17:30 e ás 20:30 horas en segunda quenda. Durante o mes de decembro tamén desenvolverá un curso de defensa personal.

Finalmente, o 29 de novembro, e coorganizado polo Cineclube Padre Feijóo, proxectarase na Biblioteca Pública o filme “Sonita”.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.