Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense vén de recoller, nun acto celebrado no Palacio da Magdalena de Santander, o certificado de boas prácticas entregado polo comité español de Unicef pola iniciativa do Programa de actividades infantís de educación ambiental que desenvolve o Botánico de Montealegre.

O recoñecemento, recollido pola concelleira Sofía Godoy, “evidencia o labor na implementación de accións ou programas que garantan a aplicación da Convención sobre os dereitos dos Nenos e, polo tanto, contribúen a mellorar o benestar da infancia e da adolescencia”, recoñece Unicef, “ademais de ser fonte de inspiración para outras cidades e xeradoras de coñecemento e de saber facer”.

Desde o departamento de Medio Ambiente, destácase o carácter novidoso e atractivo das actividades propostas, ao tempo que se traballa para na programación de máis actividades tendo en conta as opinións dos usuarios: incrementar o número de sesións e adaptalas aos contidos máis demandados. Paxaros de la, Sementeiro e Sr. Céspede, Explorador/a por un día, Paso a paso polo mundo vexetal ou exposicións temporais coma a dos bonsais ou as plantas carnívoras son algunhas das iniciativas recoñecidas.

Por outra banda, o certificado supón unha medida de fomento do lecer en familia co que se persegue fortalecer as relacións familiares e a creación dunha conciencia e sensibilidade ambiental especial nos cativos que despois trasladan a outros lugares coma o fogar ou a escola. O Concello de Ourense recollerá a certificación nun acto o vindeiro 15 de novembro no Palacio da Magdalena, en Santander.

A participación do Concello de Ourense no certame de boas prácticas reflicte o compromiso do Concello de traballar na liña que marca UNICEF. A obtención do recoñecemento reforza o Plan de Infancia e Adolescencia que está a desenvolver o Concello a través da Concellería de Asuntos Sociais -de feito, a presentación do proxecto de Educación Ambiental no Montealegre parte de ambas concellerías, Medio Ambiente e Asuntos Sociais-, e que vén recollendo desde o ano pasado a opinión e participación de axentes educativos públicos e privados da cidade para converter a Ourense nunha cidade amiga da infancia e da adolescencia.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.