Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Así, a administración local e a provincial cooperarán na procura de melloras centradas na cidade de Ourense. Entre estes compromisos, tal e como explicaron Vázquez e Baltar ao término da súa reunión, atópanse sendas partidas económicas da Deputación de Ourense para o Festival de Cine (35.000€ neste ano e 50.000€ en 2016), a construcción das gradas para o campo de fútbol de Santa Cruz, cunha inversión da Deputación Provincial de 102.000€ ou a inclusión do Concello de Ourense, por primeira vez, nos Plans de Obras Provinciais, cunha partida de 52.500 euros.

O apoio termal será outro dos eixos estratéxicos desta cooperación institucional, tal e como puxeron de manifesto o presidente provincial e o alcalde de Ourense, algo que se verá reflexado na mellora dos accesos ás Termas do Muíño da Veiga e A Chavasqueira, obra que acometerá a Deputación Provincial; así como a inclusión dunha partida específica nos Orzamentos Municipais do Concello de Ourense para o ano 2016, referida ao Plan Termal Provincial e destinada a 'vilas e concellos termais'.

Concello e Deputación colaborarán tamén na creación conxunta dun portal web cultural no que as axendas culturais de ambalas dúas institucións se unifiquen, co fin de evitar duplicidades e prestar unha mellor oferta cultural na cidade de Ourense.
Tamén no eido cultural, o Concello de Ourense cederá á Deputación Provincial o uso dun edificio no Casco Histórico onde se centralizarán actividades lúdicas e culturais.

Por último, no que respecta ao Turismo, o Concello de Ourense integrará á Deputación de Ourense na Oficina Municipal de Turismo, co fin de abrir o abano turístico a toda a provincia, potenciando tamén a información de toda a provincia na propia cidade, complementando e completando deste xeito á oferta existente a día de hoxe.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.