Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense traballa activamente na eliminación da violencia contra a muller a través de accións coordinadas desde diferentes concellerías e departamentos municipais. Ademais de Igualdade, Sanidade ou Educación, que realizan accións transversais para traballar en políticas activas contra a violencia, Emprego, Asuntos Sociais e Policía Local traballan arreo neste eido. Con motivo do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, a concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, salienta a importancia da coordinación das políticas municipais.

“Para os máis novos”, di Godoy Gómez-Franqueira, “temos o programa Vixía de educación afectivo sexual para optimizar o desenvolvemento persoal e social”, pero tamén evitando comportamentos disruptivos. Ademais, para a mocidade (ESO, Bacharelato e ciclos formativos) tamén son os programas de Cine e Saúde, especialmente coa proxección de Mustang (Francia 2015), “dirixida especificamente ao empoderamento feminino”, en opinión da responsable desta área. Así mesmo, durante o ano tamén se traballou o acoso escolar coa obra de teatro 100 likes, á que lle seguirá, en 2018, No es para tanto. En total, 5.200 persoas participaron nestes programas contando alumnado e profesorado.

A Concellería de Educación formou máis de 200 alumnos de Educación Infantil, dos centros Mestre Vide e O Couto nun módulo sobre igualdade e proximamente desenvolverase en máis centros escolares.

Empoderamento feminino. A concelleira Sofía Godoy salienta tamén que hai programas dirixidos a familias nos que se ten moi presente a igualdade entre xéneros. Así, a través da Escola de Nais e Pais traballouse, especialmente no segundo semestre, na educación para a autonomía. Participaron, en total, 605 familias.

Por outra banda, o departamento de Sanidade puxo en marcha recentemente o programa SABES dirixido a mulleres en risco de exclusión social para o seu empoderamento na familia e na sociedade na que se desenvolven, e podendo mesmo chegar a ser axentes preventivos.

Prevención da violencia. No que respecta aos Asuntos Sociais, o 2017 está a ser un ano moi produtivo no desenvolvemento de políticas de igualdade. Así, máis de 4.000 nenos e nenas da cidade participaron nos programas impartidos nas ludotecas municipais, “centrados unicamente na prevención da violencia en todas as súas formas. Quérese desta forma evitar comportamentos de carácter violento na infancia e prácticas familiares saudables e positivas”, recoñece Sofía Godoy.

Así mesmo, no eido da inclusión socio-laboral, promoveuse o emprego e o fortalecemento de habilidades sociais de mulleres en risco de exclusión, sempre co apoio do Centro de Iniciativas Empresariais (CIE) da Concellería de Emprego, que impartiu cursos a través do programa IMEDRA para este colectivo de cociña creativa, comercio, márqueting, vixiancia de seguridade, etc.

Protección ás mulleres. Todos estes programas, afirma Godoy, realízanse sen perxuízo do traballo no Centro de Información Municipal á Muller (CIMM) da Concellería de Igualdade. Neste 2017 foron 256 os expedientes abertos e 1.060 as consultas, “malia que moitas mulleres son atendidas, pero mantéñennse no anonimato, non rexístrandose os seus casos”, di.

Na Casa de Acollida subiu a porcentaxe de mulleres, dun 67,93% de ocupación a un 78,04% sendo a maior porcentaxe entre 31-45 anos de idade. O perfil do agresor é en maior proporción politoxicómano (alcol e drogas), de zona urbana e con traballo (13 que traballan contra 6 que estaban en paro).

Desde a Policía, vai camiño de superarse o número de 362 mulleres ás que se lle deu protección en 2016: “Só ata o 30 de xuño son 206 as mulleres protexidas”.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.