Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Así o anunciaron esta mañá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, nunha visita que realizaron ás instalacións de Progape co fin de coñecer as súas necesidades e establecer proxectos de colaboración.

Esta protectora de animais conta actualmente con 450 cans e 90 gatos. Esta situación é alarmante sobre todo nestas datas, cando se incrementa o número de abandonos de mascotas. Ademais, detéctanse cada vez máis casos de abandonos de camadas de lactantes, que están sendo atendidas en varias casas de acollida que colaboran desinteresadamente para coidar e alimentar os cachorros. Sen a súa axuda, colapsaríanse as instalacións da protectora. O alcalde recalcou que ''estamos ante un problema social que debemos erradicar dende a infancia: unha mascota non é un xoguete, é unha responsabilidade que hai que inculcar''.

Neste senso, a concelleira de Sanidade incide en que a compra dunha mascota debe ser un acto serio e que implique un alto grado de compromiso. De aí que a adopción sexa un acto dobremente positivo, recalca Sofía Godoy.

 

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.