Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Tralas manifestacións realizadas por Ourense en Común, advertindo que non ían presentar emendas ao proxecto de modificación da ordenanza do IBI, o Goberno Municipal solicitou con carácter de urxencia que, na Comisión de Pleno celebradao venres, se sometese a dictame se todos os grupos políticos do Concello de Ourense renunciaban ao período de emendas.

PP, DO, PSOE votaron a favor da urxencia, mentras que Ourense en Común emitiu voto en contra. E dado que todos os grupos renunciaron ao período de emendas, a proposta de rebaixa do Imposto de Bens Inmobles do 10% para o vindeiro ano 2018 será debatida no pleno da semana que ven, o correspondente ao mes de outubro.

Segundo explica a concelleira de Facenda, Ana Morenza, “na Comisión de Pleno o secretario xeral do Pleno tivo que explicarlle ao voceiro de OueC que as emendas que presentaran ao anterior proxecto non son válidas para este novo proxecto, motivo polo que se lles notificara a apertura dun novo período de emendas. Por iso tampouco é entendible o caótico xeito de actuar de OueC, que non tiña claro na reunión desta mañá o que se estaba a tramitar pero que sí sabía perfectamente que cando o ano pasado non quixeron renunciar ao período de emendas, eran coñecedores de que bloquearían o proceso, como efectivamente sucedeu”.

Non obstante, Ana Morenza aclara que “este Goberno Municipal está actualizando coa máxima dilixencia para acadar os compromisos adquiridos, como se viu ás claras coa tramitación, en tempo récord, do proxecto de modificación da ordenanza do IBI que suporá unha rebaixa deste imposto dun 10% no vindeiro ano”.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.