Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tivo coñecemento do informe de actividade da Concellería de Medio Ambiente e Perímetro Rural, que dá conta dos traballos realizados pola brigada de Conservacion de mobiliario urbán e Perimetro Rural en diversas zonas do municipio, tentando facer fronte ao estado de abandono de zonas verdes e de xogos, reforzar a prevención dos incendios forestais no perímetro rural, e reparar e repoñer pezas de mobiliario urbano deterioradas en diferentes barrios da cidade.

As actuacións realizáronse en Palmés, Castro, Santa Mariña, As Curuxeiras, Zaín, Rairo, Vilar, Velle, Lonia, Mende, Ceboliño, Tinteiro, San Miguel de Canedo, Santa Cruz e Estramonio (100.798 m2 en total).

A Brigada realizou tamén máis de 150 actuacións de reparación de mobiliario urbano, das que 127 foron de retirada e reparación de bancos vellos ou deteriorados, e reparou 3.500 metros liñais de varandas metálicas ou de madeira, reparación das gradas e xogos populares no Palao, en Velle, e instalación de fontes bebedoiro na Burata-Palmés e praza Mestre Fernández.

 

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.