Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

As obras de urbanización do Centro de Saúde do Couto estarán rematadas a mediados do mes de outubro. O investimento total ronda o medio millón de euros: 479.710 euros das obras, ive incluído, máis 17.908 euros do proxecto. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, visitaron as obras xunto cos responsables da empresa adxudicataria. O mobiliario urbano completarase coa plantación de 30 árbores.

As obras de urbanización do Centro de Saúde do Couto, que comezaron o pasado 12 de xuño, avanzan a bo ritmo e estarán rematadas no prazo previsto: “para a segunda semana de outubro poderemos ver toda esta infraestrutura rematada”, aseguraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, nunha visita realizada esta mañá xunto co concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, e os responsables da empresa adxudicataria (Hordescon SL).

A urbanización da contorna é o requisito imprescindible para que o Concello poida outorgarlle licenza de apertura ao Centro de Saúde. As obras, adxudicadas en xunta de goberno local o pasado mes de maio, supoñen medio millón de euros de investimento total (aos 479.710 euros, IVE incluído, hai que sumarlle os 17.908 euros do proxecto). Trátase de dotar o Centro de Saúde de novos accesos desde a rúa Bispo Lourenzo, Castro Canseco e Velázquez, a instalación de novos pavimentos, beirarrúas e espazos verdes.

Plantaranse árbores como cedros do Atlas, pradairos e chopos brancos e negros. Así até un total de 31 unidades. Do mesmo xeito, instalarase mobiliario urbano, redes de abastecemento e saneamento conectadas á rede municipal, instalacións eléctricas, e demais aspectos precisos para a completa urbanización.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.