Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Mari Carmen Martínez Insua visitaron  a catedral de Ourense, para comprobar o resultado dos traballos de restauración da Porta Norte, realizados pola Consellería de Cultura e Educación, que acaban de rematar, cun investimento de 115.000 euros.

As actuacións para a posta en valor da catedral ourensá continuarán cun novo investimento por parte da Xunta, por importe de preto de 300.000 euros, para a reforma xeral do sistema eléctrico do templo, unha obra que xa está adxudicada.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, agradeceu a sensibilidade da Xunta de Galicia coa catedral de Ourense, que durante os últimos anos ten sido obxecto de sucesivos proxectos de restauración e posta en valor por importe de 2 millóns de euros.

Neste caso, felicitou o resultado “moi vistoso” da restauración realizada na Portada Norte, que incluiu intervencións sobre os paramentos pétreos, o rosetón e a propia porta de acceso ao cruceiro; destacou a relevancia da próxima intervención que se vai realizar, que permitirá suplir as eivas que presenta o sistema electrico actual, e dotar dunha iluminación axeitada e eficiente á capela maior, de xeito que se potencien os valores artísticos e espaciais dos elementos arquitectónicos que conforman este espazo e máis o retablo, e se resolvan as necesidades lumínicas dese lugar de culto co menor custo enerxético posible.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.