Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na sesión desta mañá esta liña de axudas, na que figura unha achega económica de 50.000 euros.

A concelleira de Participación Cidadá, Belén Iglesias, foi a encargada de presentar esta convocatoria que regulará as subvencións para o funcionamento e realización de programas ou actividades por parte das asociacións de veciños inscritas no rexistro de entidades cidadás do Concello de Ourense. 'Será susceptible de entrar nesta convocatoria de axudas calquera actividade, eventos, excursións, obradoiros, conferencias, xornadas, festas...', segundo apuntaba a titular de Participación Cidadá. A subvención regulada nesta convocatoria supón un incremento de 5.000 € sobre a do ano 2014 (na que foran destinados 44.879,55 € a esta partida), algo máis dun 10,3% superior.

Xa pola tarde, alcalde e concelleira manteñen un encontro con todas as asociacións veciñais de Ourense na Sala José Ángel Valente para informarlles desta convocatoria e estreitar a colaboración entre o Concello e estes colectivos.


Na mesma sesión, a Xunta Local acordou designar á concelleira de Turismo e Termalismo, Isabel Castelo, como representante do Concello na asociación 'Ruta do Viño do Ribeiro'.

 

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.