Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Ourense forma parte do Consello de Goberno de Villas Termales da Federación Española de Municipios y Provincias.

O alcalde, Jesús Vázquez, participou en Madrid nunha reunión deste órgano, co que a cidade amosou sempre o seu compromiso desde a súa constitución en 2001, chegando a ser Ourense sede da súa asamblea anual en 2010. Aproveitou o rexedor ourensán para invitar a todos os integrantes a participar no mes de setembro en Termatalia, a única feira internacional de turismo termal e de sáude que se celebra en España.

Na súa intervención, Jesús Vázquez explicou que as augas termais de Ourense son o gran atractivo turístico da cidade: “unha oferta singular, enfocada ao benestar e o termalismo lúdico, con espazos abertos para o baño, a orillas do Miño e tamén en pleno casco histórico, todas de de titularidade pública, que ademáis de ser o principal reclamo para o visitante, son, sen lugar a dúbida, o elemento que nos diferencia e singulariza como destino”.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.