Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Ourense acolle a fin de semana do 9 e 10 de xuño os actos de celebración do Día de Portugal, Camões e das Comunidades Portuguesas en Galicia. Un programa de actividades diversas, con música, artesanía, danzas, folcloree gastronomía, “co ánimo de confraternizar, coñecérmonos mellor e celebrar a amizade entre os pobos”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na presentación en rolda de prensa xunto co vicecónsul do país veciño en Galicia, Manuel Correia Da Silva. Ata 23 cámaras municipais, 23 concellos de Portugal, virán a conmemoración da morte, en 1580, do poeta Luís Camões, o día nacional de Portugal.

As 23 cidades portuguesas son: Amarante, Arcos de Valdevez, Baião, Braga, Caminha, Celorico de Bastos, Chaves, Cinfães, Marco de Canaveses, Mondim de Bastos, Montalegre, Penafiel, Ponte da Barca, Ponte da Lima, Póvoa de Varzim, Resende, Santo Tirso, Valença, Viana do Castelo, Vila do Conde, Vila Nova de Cerveira, Vila nova de Famalição e Vila Pouca de Aguiar.

“As actividades comezarán a sexta–feira, o venres, logo do mediodía coa apertura da feira de Artesanía e Gastronomía na Praza de Bispo Cesáreo, na que tamén poderemos bailar ao ritmo das agrupacións tradicionais de folclore”, adiantaba o rexedor ourensán, e seguirán con senllos concertos na praza maior: o venres ás nove da noite actuará a María do Ceo, e o sábado á mesma hora, o polifacético artista Gonçalo Guerreiro, afincado en Galicia.

Actividades no Liceo

Pero ademais, haberá unha representación a cargo do Grupo de Teatro "Eu Experimento", do Centro Cultural do Camões, que interpretarán Algumas das melhores deixas do cinema em língua portuguesa (Liceo, 18:30 horas, aberto ao público), e cinema da man dunha das realizadoras portuguesas do momento: Rita Azevedo Gómes e A vingança de uma mulher (Liceo, 18:30 horas, aberto ao público).

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.