Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Goberno Municipal de Ourense dá por iniciadas as negociacións cos grupos políticos para sacar adiante o Orzamento 2017. A concelleira de Facenda, Ana Morenza, reuniu aos portavoces municipais para facilitarlles o proxecto de orzamentos íntegro, sobre o que agarda as aportacións dos grupos que permitan pechalo e sometelo á súa aprobación.

“Malia que a previsión de ingresos deste Concello ascende a 105.647.519 euros -é dicir, case 2 millóns de incremento con respecto ao orzamento do ano 2014-, todos estes ingresos non poden ser utilizados, debido á Lei de Estabilidade Presupuestaria que nos impón un teito de gasto. Este teito de gasto permítenos gastar 100 millóns e medio en total”, explicou Ana Morenza.

Tendo en conta que o gasto comprometido (aquel que é de obrigado cumprimento) ascende a máis de 82 millóns de euros, o importe non comprometido limita enormemente a actuación deste Concello. É dicir, só quedan algo máis de 18 millóns de euros a repartir entre todas as concellerías.

Cales son as implicaciones destes datos? Ana Morenza explícao: “Vímonos na obriga de optimizar ao máximo os recursos, utilizando criterios de realidade e non criterios políticos subxectivos. Malia iso, e como dixemos sempre, a prioridade deste Goberno é reforzar a área social”, recalcou a edil de Facenda.

Así neste proxecto increméntase case un 10% os recursos facilitados á área social. Pásase de 5.867.641,26 a 6.395.870 euros. Ademais, establécese unha novidade importante: “Non só nos preocupamos do área social nas concellerías que lle son propias, senón que utilizando a transversalidade dotamos de fondos de carácter social a concellerías como Infraestruturas e Medio Ambiente”, sinala Ana Morenza.

Tamén se incrementa o Orzamento na concellería de Comercio, en concreto un 51%, pasando de 89.439,73 euros a 183.000 euros para gasto corrente. É dicir: para gasto directo que redundará en axudas para o comercio local.

En Infraestructuras, Medio Ambiente Perímetro Rural, Transporte e Limpeza, pasa de 31.274.249,27 euros no ano 2014 a 32.528.270,32 euros do 2017, increméntase en 1.254.000 euros, ascendendo nun 3´9%. A esta dotación hai que engadir o Plan de Obras aprobado grazas ao apoio do PSOE por importe de máis de 12 millóns de euros e que, grazas á cooperación institucional coa Diputación Provincial poderase ir executándoo nos próximos dous anos.

Como dato positivo, destaca a redución de case un 60% da partida de Economía e Facenda, reducíndoa en case 4 millóns de euros, pasando de 6.747.788 a 2.756.757 euros para este exercicio, motivada pola excelente xestión económica deste Concello, destacando o feito de que este Concello alcanzará a Débeda Cero no próximo pleno.

Doutra banda, prodúcese un incremento na área de Persoal, pasando de 35.257.079,94 a 37.535.056,06 euros (aumenta un 6,1%) motivado polos cambios lexislativos nos que se obriga a dotar orzamentariamente tanto o posto real como o posto sombra. Así como que na anterior RPT existían postos que carecían do seu correspondente dotación orzamentaria. A Ley de Función Pública de 2015 esixe que todos os postos estean dotados. Quedan dotadas así todas as prazas de bombeiros e policía local vacantes que saen a convocatoria. Doutro xeito, non se poderían sacar.

Educación mantense en 1.683.034 euros, cunha mínima minoración (ao redor de -150.000 euros), tendo en conta o gran apoio da Xunta (Consellería Educación) no que obras en colexios da cidade refírese.

Cultura baixa uns 250.000 euros, xa que no 2014 o importe era de 2.232.900,02 euros pasando a 1.917.166,27 euros, minorando o mesmo nun 14%, que o Goberno Municipal entende que quedarán compensados coas achegas externas, de entidades públicas e privadas que se irán captando mediante convenios de colaboración. Desde xuño de 2015 captáronse 9.753.892,56 euros (2,4 millóns de xuño a decembro de 2015 e 7,3 millóns durante 2016) .

En Seguridade e Participación Cidadá, Seguridade increméntase en case 150.000 euros, é dicir un incremento do 5% con respecto ao 2014, mentres que en Participación pasa de 580.600,04 no 2014 a 502.423 para presente exercicio, redución do 13%, minorandose en algo menos de 78.000 euros.

Créase unha partida específica para a cofinanciación de proxectos con Fondos Europeos. Malia que pareza que Promoción Económica reduce cuantitativamente os seus fondos, esta redución non é cualitativa, pois optamos por basearnos na realidade e non na venda de promesas políticas. Como exemplo, os 1,5 millóns de euros do Plan de Emprego do anterior Goberno dos que non utilizaron nin un só euro. Reitero: preferimos partidas reais, acompañadas da colaboración doutras administracións que Si teñen competencia directa en materia de plans de emprego.

Termalismo mantense e Turismo pasa no 2014 de 314.650,04 a 223.500, decremento dun 29%; contando con todo que tal e como sucede en Cultura, obteranse axudas externas, o que permitirá que, malia reducir o importe, poderase manter e ata ampliar os servizos (-90.000 euros).

En Urbanismo, xa non se contempla o convenio con Proavia (máis de 2,5 millóns) nin as actuacións contempladas nos convenios coa Xunta relativos aos ARI, xa executados. Isto conlleva unha redución de 2 millóns de euros, redución porcentual do 42%, pasando de 4.985.427,87 a 2.876.460,13.

Para rematar, en Servizos Xerais, prácticamente mantense. Hai que ter en conta que na partida global, onde está incluída Promoción Económica, a baixada correspóndese co Plan de Emprego que antes explicaba. E, ademais, dótase de fondos a un centro de referencia municipal como é A Molinera, posto en marcha, como saben, por este goberno municipal, fai un ano (abril de 2016)

Así mesmo, en Deportes, o orzamento mantense prácticamente nas mesmas cifras, con apenas unha redución do 5%, equivalente a menos de 173.000 euros, xa que no 2014 a partida contaba con 3.348.501,73 euros e na actual 3.175.265 euros. Non esquezamos que o Consello Municipal de Deportes conta cun Remanente de máis de 2 millóns de euros, cuxo primeiro destino aprobouse no pasado pleno mediante modificación de crédito co apoio de PSOE e Democracia Ourensana.

Con respecto ao Remanente, Ana Morenza sinalou que “sempre que contemos co apoio da oposición, poderemos darlle utilidade a ese diñeiro que xeramos (e que pola Lei de Estabilidade non podemos utilizalo directamente) destinándoo a aqueles proxectos, de iniciativas propias como do resto de grupos, que sexan beneficiosas para o desenvolvemento da cidade”.

Valoración de Ana Morenza

En definitiva, a valoración da titular de Economía e Facenda é clara: “Trátase dun proxecto de Orzamentos realista, enfocado ao área social como vector principal e que trata de salvar as enormes limitacións legislativas impostas a este Concello cun exercicio de optimización de recursos e de reorganización das necesidades da cidade. Non se xeraron partidas que logo non se poidan utilizar, senón que nos adaptamos ás necesidades reais do Concello. Sen crear falsas expectativas como se facía en anos anteriores”, explica a concelleira de Facenda.

“Por iso, e con plena disposición de establecer un diálogo constructivo cos grupos municipais, facilitámoslles esta mesma mañá este proxecto para que o analicen, estúdeno e realicen as achegas que crean oportunas e que nós recibiremos encantados”, avanzou Ana Morenza.

“De feito, somos conscientes de que si existe rexeitamento a este borrador deberase máis a cuestións políticas alleas a nós que ao seu propio contido. O noso desexo é ter uns Orzamentos que dean estabilidade aos proxectos desta cidade, incluíndo estes máis recursos para gasto social e que nos permitirán seguir avanzando no crecemento de Ourense”.

“Pese a que somos un goberno en minoría e que os nosos 10 votos non son suficientes para aprobar estes Orzamentos, temos por encima de todo a responsabilidade de gobernar, de buscar acordos para poder facelo, porque así o decidiron os ourensáns cos seus votos”, concluiu Ana Morenza.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.