Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense destaca a dilixencia e eficacia da Xunta para iniciar de inmediato a tramitación urbanística do proxecto conxunto da estación intermodal, tralo anuncio da Consellería de Infraestruturas e Vivenda de que iniciou hoxe o expediente para a tramitación urbanística do proxecto conxunto da estación intermodal de Ourense.

Conforme o acordo pechado o pasado martes en Madrid entre a conselleira Ethel Vázquez, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o secretario xeral de Infraestruturas do Ministeiro de Fomento, Manuel Niño, a Xunta tramitará o proxecto desta infraestrutura a través da Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese.

O alcalde, Jesús Vázquez, valora este gran paso como "un éxito para a cidade, tendo en conta que se cumpre sen fisuras o acordo pechado o pasado mércores entre o Concello, a Xunta e o Ministerio de Fomento, co fin de acadar a aprobación urbanística do proxecto nun prazo áxil e poder contratar as obras"

A Xunta remitiralle o vindeiro luns ao Concello o documento técnico da infraestrutura para que o someta a información pública e emita o informe preceptivo

A estación intermodal de Ourense comprende a nova terminal de autobuses integrada na terminal ferroviaria, a adaptación da estación de ferrocarril e elementos de conexión entre barrios. Construirase, ademais un aparcadoiro subterráneo con dúas plantas e máis de 300 prazas.

Ao tratarse dunha infraestrutura non recollida nas normas urbanísticas en vigor actualmente en Ourense, a alternativa máis eficaz é a tramitación a través da dita lei para acadar así o amparo urbanístico e a seguridade xurídica nun prazo razoable.

Esa norma, aprobada pola Xunta o pasado ano, está destinada a facilitar a execución de actuacións estratéxicas que non estean recollidas nas normas urbanísticas. De acordo coa norma, a Xunta remitiralle o vindeiro luns o proxecto ao Concello de Ourense para que o someta a información pública durante un período de 20 días e, a continuación, emita o preceptivo informe municipal.

A tramitación mediante esta norma fará posible que a estación intermodal de Ourense conte nun prazo razoable co amparo urbanístico e a seguridade xurídica necesaria para iniciar a contratación das obras dos diferentes elementos que a compoñen. En concreto, a Xunta financiará o 100% da nova estación de autobuses e case o 70% do aparcadoiro subterráneo.

O inicio da tramitación urbanística conxunta da estación intermodal de Ourense supón dar un salto adiante de importancia no impulso desta  infraestrutura estratéxica, situándose nun estado de tramitación similar ao das estacións intermodais de Vigo e Santiago de Compostela.

Próximamente, presentarase en Ourense o deseño conxunto desta actuación estratéxica para a cidade.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.