Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O director general de Bellas Artes y Patrimonio Cultural, Luis Lafuente Batanero, visitou xunto ao alcalde, Jesús Vázquez; membros da Corporación; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez, as obras do complexo cultural de San Francisco (Ourense), o máis importante que está executando o Ministerio de Cultura en todo o Estado, tal e como sinalou o alto cargo ministerial, quen recalcou que “en ningunha outra cidade se están desenvolvendo obras simultáneamente en Biblioteca, Arquivo e Museo”, poñendo en valor tamén que Ourense é a cidade que máis investimentos en materia cultural ten consignados nos Presupostos Xerais do Estado.

O investimento executado ata a data para construír estes equipamentos culturais (Biblioteca e Arquivo) ascende a 19,6 millóns de euros (9,2 executados antes da resolución xudicial que permitiu rescindir o contrato coa empresa que realizaba as obras, e 10,4 desde a reanudación).

Para este exercicio 2017 está comprometido un investimento de 4,2 millóns máis, principalmente para execución da obra e adquisición dun primeiro equipamento e mobiliario para a biblioteca pública. En total son 23,8 millóns de euros de investimentos que se suman aos 11,4 millóns previstos para o Museo Arqueolóxico

Reunión en Madrid

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, lembrou que o 9 de marzo de 2016 “mantiven unha reunión en Madrid co ministro de Cultura, íñigo Méndez de Vigo y Montojo. Xa daquela, o ministro se comprometera en firme a impulsar as obras da Biblioteca e do Arquivo Provincial. O obxectivo daquela, e que foi comprido, era evitar a paralización do proxecto e permitir a reanudación das obras con normalidade. Algo que, como todos podemos comprobar, está totalmente en marcha. Por eso lle quero transmitir ao Ministerio, e no seu nome ao Director General de Bellas Artes, Luis Lafuente Batanero, o seu compromiso firme con Ourense. Estamos ante o proxecto cultural máis ambicioso da historia desta cidade e atreveríame a dicir que de toda a Península”.

O investimento executado ata a data para construír estes equipamentos culturais ascende a 19,6 millóns de euros (9,2 executados antes da resolución xudicial que permitiu rescindir o contrato coa empresa que realizaba as obras, e 10,4 desde a reanudación). Para este exercicio 2017 está comprometido un investimento de 4,2 millóns máis, principalmente para execución da obra, e adquisición dun primeiro equipamento e mobiliario para a biblioteca pública. En total son 23,8 millóns de euros de investimentos.

Estes importes veranse incrementados coa adquisición da totalidade do resto do equipamento necesario para a posta en funcionamento de arquivo e biblioteca.

O Museo Arqueoloxico

O alcalde tamén fixo referencia ao outro gran equipamento cultural da cidade: o Museo Arqueolóxico. “Cunha partida este ano de 250.000 euros por parte do Ministerio, estou seguro de que este será, por fin, o ano no que este tesouro de Ourense volverá a activarse”.

Sobre o Museo, ata a data traballouse na redacción dos proxectos básicos e de execución así como de estudos previos do edificio, xa finalizados, por importe de 247.462,88 euros.

Pendente da modificación do Peri, unha vez se obteñan as oportunas licenzas procederáse a licitar as obras. O proxecto de reforma e rehabilitación do Museo contempla un coste de licitación de 11,4 millóns. Posteriormente realizaranse novos contratos para a redacción do proyecto de museografía e o de execución desta.

“Por tanto, estamos ante uns investimentos (realizados ou de próxima realización) que na súa totalidade ascenden a 35 millóns 456 mil 805 euros, entre biblioteca, arquivo e museo Arqueolóxico”, concluiu o alcalde, Jesús Vázquez.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.