Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Facenda, Ana Morenza, fixeron balance de xestión económica do Concello desde xuño de 2015, avanzando que esta Administración está en disposición de acadar a débeda cero durante 2017.

Análisis de Ana Morenza 

A titular de Facenda analizou os datos segundo seis eixos:

  1. Amortización de débeda: Redúxose a débeda municipal nun 75%, pasando de de 39.317.411,21 euros o 15 de xuño de 2015 a 10.097.708,07 euros o 31 de decembro de 2016
  2. Período medio de pago a proveedores: En xaneiro de 2015 o período medio de pago a proveedores era de 78,70 días. Doce meses despois, en decembro de 2015, o período medio de pago quedou establecido en 13,10 días. En febreiro de 2015 situouse en 7,65 días
  3. Liquidación de contas anuais: As contas de 2016 liquidáronse mediante decreto do 22 de marzo de 2017, adiantándose máis dun mes respecto ás previsións do anterior goberno
  4. Aforro: As contas municipais pasaron de ter 41.260.081,99 euros a data 31 de decembro de 2014 a 53.644.380,97 euros a 31 de decembro de 2016. É dicir: en apenas ano e medio, o Concello aforrou 12.384.298,98 euros. O superávit deste Concello viuse prácticamente duplicado: En 2014, o importe era de 12.735.186 euros. En 2015, o importe foi de 14.476.757,01 euros. En 2016, a cifra é de 24.754.259,84 euros: prácticamente o dobre que en 2014
  5. Impostos – Reforma fiscal: Este Goberno Municipal está levando a cabo un estudio, pormenorizado e necesario, para proceder a unha baixada dos impostos e taxas que entre en vigor en 2018.
  6. Modificacións orzamentarias: O Goberno Municipal xestionou e acadou a aprobación de modificacións orzamentarias por un importe de 36.039.585,59 euros desde o inicio do presente mandato

A concelleira Ana Morenza salientou que os froitos da xestión económica do Concello foron “gracias ao estupendo equipo de funcionarios deste Concello da área económica, así como á capacidade deste Goberno, capaz de ir mellorando paulatinamente o estado das contas municipais pese ás limitacións lexislativas, o teito de gasto, e a necesidade de negociar constantemente cos grupos municipais”.

Valoración de Jesús Vázquez

O alcalde, Jesús Vázquez, apuntou un séptimo eixo na xestión económica deste Concello:

  • A captación de axudas de entidades públicas e privadas: Este Goberno Municipal acadou, desde xuño de 2015 a decembro de 2016, un total de 34.740.433,82 euros en inversións procedentes doutras administracións, con especial incidencia da Xunta de Galicia.
    • A colaboración coa Deputación, permitiu ademáis desbloquear obras tan importantes como a rúa Concejo, a Pasarela do Barbaña ou o Campo de Fútbol de Vilar de Astres, así como a mellora do de Santa Cruz. E aquí tamén temos como exemplo os 7 millóns de euros do Centro Interxeracional da Fundación Amancio Ortega.
    • E de entidades privadas e públicas acadáronse achegas mediante convenios con por un importe de 9.753.892,56 euros (2,4 millóns de xuño a decembro de 2015 e 7,3 millóns durante 2016).

“En total, este Goberno acadou para investimentos, programas e proxectos a desenvolver en Ourense un total de 44.494.326,38 euros. E isto só desde o 13 de xuño de 2015. Isto só en 21 meses”, dixo Jesús Vázquez.

O rexedor sinalou que “vímonos na obriga de facer un Plan Económica Financieiro debido á deficiente xestión anterior. E os datos son claros: o Concello está moito mellor hoxe en día que cando chegamos en xuño de 2015. É incuestionable, pois a nosa solvencia como xestores queda clara, logrando estabilizar esta cidade. Por iso consideramos que chegou o momento de que os grupos políticos den un paso adiante e abandonen o “non” no que están instalados para así poder arrimar o hombro en beneficio da cidade", sinalou o edil.

Vázquez amosou a súa "confianza" na responsabilidade dos grupos políticos da oposición para contribuir a que a cidade continúe progresando cos recursos propios do Concello. Que colaboren en axudar á mellora de Ourense.

"Temos proxecto de cidade, temos inversións e temos a seguridade de que Ourense ten futuro”, concluiu o alcalde da cidade.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.