Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense inicia un proceso de participación plural, aberto a toda a cidadanía, co obxectivo de corresponsabilizar aos cidadáns na mellora da calidade ambiental, da mobilidade, da pacificación do tráfico e a integración da bici no casco urbano.

Para a dirección do proceso constituiuse unha comisión técnica formada por membros dos catro grupos políticos con representación no Concello, técnicos municipais e o equipo redactor.

Dito proceso será dirixido pola consultura de Urbanismo e Arquitectura Urba+, que no 30 de marzo realizou a primeira exposición ante a Mesa da Mobilidade para explicar en qué consiste o proceso e invitar a participar nel, xa que a implicación cidadá é necesaria para poder consensuar un novo modelo de mobilidade en Ourense.

Na exposición realizada descríbense as distintas fases, ferramentas e mecanismos do proceso a desenvolver, que consistirán en charlas formativas, obradoiros de traballo, enquisas e recollida de datos coas achegas de todos aqueles cidadáns implicados no proceso. “O que se busca é un modelo de mobilidade sostible para o futuro da cidade e o consenso de todas as formacións políticas”, manifestou o concelleiro José Araújo”, quen valorou a xuntanza de xeito positivo.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.