Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O alcalde, Jesús Vázquez, e as concelleiras de Asuntos Sociais e Educación, Sofía Godoy e Belén Iglesias, mantiveron unha reunión coa presidenta de Unicef Galicia, Miriam Garabito, así como coa responsable de Sensibilización, Marta Andrade; e técnicos municipais das áreas Social e Educación.

O Concello de Ourense e Unicef continúan a traballar conxuntamente para a integración das políticas de apoio á infancia en todas ás áreas de goberno. Cabe lembrar que Unicef recoñeceu o pasado ano ao Concello de Ourense polas súas boas prácticas na sensibilización ambiental coa infancia no Botánico de Montealegre, motivo polo que lle foi entregado un galardón o pasado 15 de novembro en Santander.

O mércores 29 de marzo o alcalde, Jesús Vázquez, e as concelleiras de Asuntos Sociais e Educación, Sofía Godoy e Belén Iglesias, mantiveron unha reunión coa presidenta de Unicef Galicia, Miriam Garabito, así como coa responsable de Sensibilización, Marta Andrade; e técnicos municipais das áreas Social e Educación.

Esta reunión serviu para seguir traballando a prol da integración de políticas efectivas de apoio á infancia dun xeito transversal en todas as áreas de Goberno, toda vez que xa se rematou o diagnóstico e se ten revisado tamén o Plan de Infancia por parte dos técnicos municipais.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.