Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

As dependencias da Concellería de Infraestruturas acolleron o 20 de marzo a segunda reunión do grupo de traballo para a calidade ambiental, a pacificación do tráfico, a mobilidade, accesibilidade e a integración da bici en Ourense.O resultado desta reunión foi a constitución formal dunha comisión técnica, formada por representantes dos catro grupos políticos con representación no pleno do Concello de Ourense, técnicos municipais e a consultora redactora do plan inicial. O segundo paso desta comisión será informar á Mesa da Mobilidade, o vindeiro xoves 30 de marzo, do proceso de participación que se abre.

A comisión técnica está integrada por representantes dos os grupos políticos con representación no Concello de Ourense (o concelleiro José Araújo, por parte do Partido Popular, Manuel Álvarez, de Democracia Ourensana, Juana Ageitos do Partido Socialista, e Martiño Vázquez, de Ourense en Común), ademais de por técnicos das áreas de Medio Ambiente e Infraestruturas e as representantes da Consultoría de Arquitectura e Urbanismo Urba+, autoras do plan inicial.

Coa constitución deste órgano ábrese un proceso de participación cuxo primeiro acto será o de informar á Mesa da Mobilidade dos pasos á seguir neste camiño, no que se quere implicar aos diversos e heteroxéneos axentes sociais, para mellorar a calidade ambiental, pacificación do tráfico, mobilidade, accesibilidade e integración da bicicleta na cidade de Ourense.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.