Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense agradece o cumprimento, por parte da Xunta de Galicia, así como do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, e do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, do compromiso adquirido para a construcción dunha nova residencia de maiores, de carácter público, que estará situada no barrio das Lagoas e que contará con 120 prazas.

O alcalde, Jesús Vázquez, pon en valor que este anuncio é froito do traballo constante do goberno municipal en cooperación co da Xunta de Galicia, así como co da Deputación de Ourense, “co fin de establecer políticas volcadas co social e que redunden no beneficio das familias”. De feito, o rexedor ourensán lembra que na reunión que mantivo co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o pasado 27 de xaneiro, renovouse o compromiso compartido de construír unha nova residencia pública para maiores.

“A cooperación institucional volve a ser clave para acadar unha macro inversión no eido social sen precedentes na nosa cidade, coa construcción en marcha do Centro Interxeracional, o novo centro CAPD e agora, unha nova residencia de maiores de carácter público”. 

Vázquez Abad destaca tamén que estes importantes proxectos no eido social para a cidade “non só suporán un fundamental empuxe asistencial e de servizos á cidade, senón que revertirán tamén na creación de emprego en Ourense”. De feito, só esta nova infraestrutura, a residencia de maiores, suporá a creación de 75 postos de traballo.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.