Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibiu o martes, 7 de febreiro, no Concello a representantes da Guardia Real (o comandante de Relacións Institucionais da Guardia Real, Francisco Javier Rodríguez; o comandante de Operacións, David Ramajo, e o tenente de Loxística da Guardia Real, Gonzalo de León), acompañados polo subdelegado de Defensa en Ourense, Gustavo Donsel.

No transcurso da reunión de traballo, na que tamén participaron os concelleiros Jorge Pumar, Belén Iglesias e Carlos Campos, así como a intendente xefe da Policía Local, María Barrera, establecéronse as liñas de cooperación co Concello para a proposta formulada pola Guardia Real: realizar en Ourense un acto para dar a coñecer aos cidadáns as diferentes actividades e misións que realiza este corpo, que constitúe a representación das Forzas Armadas ao servicio da S.M. El Rey, ao estar formada por forzas do Exército de Terra, a Armada, Exército do Aire e Corpos Comúns das Forzas.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.