Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O alcalde agradece e defende o compromiso firme da Xunta de facer un novo proxecto para un centro de atención ás persoas con discapacidade, baseado no novo plantexamento solicitado polas familias. Jesús Vázquez salienta que será un importante investimento para a cidade cun servizo que beneficiará a toda a provincia, "e agora tócanos a Ourense facer os deberes para que sexa unha realidade".

Ourense contará cun centro de atención ás persoas con discapacidade atendendo ás demandas dos pais. Este compromiso firme, anunciado o venres 27 de xaneiro polo presidente da Xunta, Alberto Núlñez Feijóo, trala súa audiencia co alcalde de Ourense, suporá un importante investimento para a cidade cun servizo que beneficiará a toda a provincia.

Jesús Vázquez agradece expresamente o compromiso adquirido pola Xunta con Ourense: o de facer un novo proxecto para un centro de atención ás persoas con discapacidade, baseado no novo plantexamento solicitado polas familias. A Xunta ten o compromiso de seguir fielmente as demandas que plantexan os pais para executar o centro conforme a esa demanda, e por eso xa solicitou formalmente ao Concello e a Deputación os terreos necesarios para poder acometer esta infraestrutura, comprometida nos orzamentos da Xunta deste ano.

"Agora tócanos a Ourense facer os deberes para que este compromiso firme sexa unha realidade", sinala o rexedor ourensán, quen reitera tamén que "o diálogo sigue a ser a clave para o desbloqueo dos proxectos que afectan á cidade. Coa confrontación constante e o ruido só se consigue enredar, pero en ningún caso desbloquear os asuntos importantes para esta cidade", conclúe Jesús Vázquez

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.