Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

“A posta en valor dun espazo singular como é o Montealegre é sempre unha boa nova para unha cidade coma Ourense, onde o patrimonio non se cingue só ao histórico ou cultural, senón que conta tamén cun magnífico patrimonio natural”. Así o explicaba o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, na visita que realizou xunto á conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, ao botánico de Montealegre.

“Montalegre é un emblema da historia da nosa cidade, e tamén unha aposta de futuro. E neste reto tiñamos unha conta pendente: dotar de mellores accesos que faciliten a visita ao Parque de Montealegre. Grazas á colaboración da Xunta, que cun investimento de 60.000 euros, promoveu a creación de sendas peonís e instalación de mobiliario, así como á plantación de especies arbóreas singulares e un tratamento de eliminación de especies invasoras”, explicou o edil ourensán.

Tamén colaborou a Consellería do Medio Rural coa instalación de mobiliario de madeira (mesas e bancos, papeleiras, cartel informativo e varanda nas zonas de desniveis próximas aos sendeiros), así como tamén coa instalación dun sistema artificial de rega.

“Porque con estas actuacións do presente queremos construir un futuro prometedor para o Montealegre.

Mil especies catalogadas

Con preto de mil especies catalogadas, o Montealegre é un espazo aberto á cidadanía de Ourense que se vai potenciar ainda máis nas próximas semanas, coa inminente contratación da empresa que se encargará da xestión e dinamización do Parque.

“Permitirá non só garantir o bo estado de mantemento das instalacións, senón tamén dará inicio a un programa de actividades de sensibilización medioambiental, dirixidas a todos os públicos: tanto adultos como nenos que volverán a atopar no parque un lugar idóneo para disfrutar do seu tempo de lecer gozando da natureza. E xa a próxima fin de semana, coa novidosa exposición de camelias e obradoiros que encherán de colorido e viveza este emblemático espazo da nosa cidade”, concluiu o concelleiro José Araújo

Escola Obradoiro

Montealegre é tamén protagonista dun ambicioso proxecto: a Escola Obradoiro Montealegre, posta en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria coa colaboración do Concello. Actualmente en marcha, desde finais de setembro ate finais de marzo, está a dar formación a un total de 15 alumnos, menores de 30 anos. Conta cunha directora, un auxiliar, un docente de cada especialidade e unha profesora de compensatoria

Consta de dous módulos, adicados a xardinería e albanelería. Na actualidade, os alumnos de albanelería están a realizar unha caseta que dará servizo ás brigadas do parque. E os de xardinería, realizan arranxo de camiños, desbroces, e plantación de novas especies.

A Escola Obradoiro ten un orzamento total de 131.651,48 euros

Camiños rurais

A Consellería de Medio Rural acometeu obras en diversos camiños do rural ourensán dentro do Plan de Emerxencias para a mellora, arranxo e posta en valor de camiños municipais. A achega total foi de 218.742,2 euros.

No camiño do Espeto (na zona alta da Farixa), cun firme en deficiente estado de conservación, cun muro de mampostería de pedra tamén en mal estado de conservación, substituiuse este por un novo muro de contención. No que respecta ao firme, saneouse e pavimentouse, con mellora do drenaxe superficial e sinalización vial, tanto vertical coma horizontal. O custe da obra foi de 59.800 euros.

Os restantes arranxos consistiron na mellora da drenaxe superficial e sinalización vial, e limpeza de malas herbas as cunetas dos accesos á parroquia de Santa Cruz de Arrabaldo, o camiño da Burata a Vilariño, a rúa da Amizade -no polígono de As Coiñás-, e o camiño do Espeto -na zona alta da Farixa-. Estas melloras incidiron considerablemente na seguridade vial e na comodidade de circulación, tanto para vehículos como para peóns.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.